Ribadeo, 18 de agosto de 2017. Ribadeo acolle sábado e domingo, días 19 e 20 de agosto, a cuarta edición do Mercado de Rúa, que organiza Acisa. Nesta iniciativa, na que as tendas saen á rúa ofrecendo as últimas oportunidades e avances de temporada, participan 27 establecementos: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, La Moda Hombre, Joyería Azabache, Modesto G, Anais, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo Moda, Sprit, Lencería Julia, Tu&Tu, R23, Menfer, Mercería Torviso, Platería Gutié, Farfala, Bis a Bis, Mika, Saia, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Glass, Fauna, Naná, Coco y Jatay.
A directiva de ACISA Ribadeo lembra que esta actividade “consiste en que as tendas saquen á rúa os seus produtos, ben sexan restos de stock ou avances de tempada, no horario comercial habitual. É unha campaña orientada a que os establecementos participantes poidan poñer o broche de ouro ao verán e ás rebaixas sacando o stock que lles queda a un prezo rebaixado e iniciar a venta da nova tempada”.
E engaden: “cremos que é unha actividade cun toque diferente pois en vez de facer feiras de stocks en recintos pechados preferimos sacar as propias tendas á rúa e aproveitar o ambiente de verán. Nesta campaña participan case 30 comercios asociados, 27 exactamente, xa que pola loxística que implica e dependendo do produto que se venda hai moitos que non poden facelo aínda que quixeran. Todos os establecementos participantes sacarán de maneira vistosa os seus produtos á rúa para achegalos aos clientes e intentar darlle un último empurrón á tempada de verán”.
Desde Acisa animan a achegarse a Ribadeo esta fin de semana: “é unha data idónea para mercar aquilo que nos gusta a un prezo moi interesante e tamén é un bo momento para pasear por Ribadeo, para dominguear, para tomar un aperitivo, para xantar ou cear na nosa vila. A oferta hostaleira de Ribadeo é moi importante ao igual que o é o seu comercio, unha referencia en toda a comarca da Mariña e do Occidente asturiano”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



