A Asociación Pasada da Cabras de Burela ten previsto facer o vindeiro sábado día 9 de setembro a 9.ª Etapa do Camiño do Cantábrico que vai dende a Praia de Covas a Praia de San Román, de 10 quilómetros.
A saída será ás 9,30 h. da mañá da Estación de Autobuses de Burela. O Prezo é de 20 € para socios e de 25 € para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. Para poder participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 7 de setembro ás 20,00 h.