Lugo, 28 de setembro de 2017. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, mantivo este xoves no IES Lucus Augusti de Lugo, un encontro cos 3 estudantes lucenses graduados que participan no Programa Promociona 2017, co que colabora o Executivo Provincial cunha achega económica de 10.000 euros para a contratación dun profesor e material escolar para os estudantes. Trátase da iniciativa da Fundación Secretariado Gitano de Lugo, dirixida aos distintos axentes que participan no eido educativo, como as familias, os centros educativos ou o propio alumnado. A principal finalidade deste proxecto é asesorar e orientar aos nenos de entre 12 a 16 anos, e as súas familias, coa estreita colaboración dos centros educativos lucenses, para acadar taxas máis elevadas de éxito escolar na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), e deste xeito, promover a continuidade nos estudos postobligatorios.
Santos Ramos destacou que “dende o Executivo Provincial apoiamos este proxecto porque a educación é a mellor ferramenta que temos para conseguir a inclusión social deste colectivo, co fin de reducir a porcentaxe de abandono escolar na nosa provincia, pois un 64% dos alumnos xitanos, entre os 16 e os 24 anos, non conclúen os estudos obrigatorios, fronte o 13% do resto do alumnado. Con estas cifras, dende as administracións públicas temos que apostar e colaborar para que os xitanos poidan ter as mesmas oportunidades educativas, laborais e sociais que o resto da sociedade, por iso, as programacións que realizamos dende este Goberno da Deputación, sempre inclúen cláusulas sociais, que valoran positivamente a inclusión dos xitanos”.
Programa Promociona
As accións centrais do Programa Promociona van dirixidas a alumnos e alumnas xitanos do último ciclo de Educación Primaria (5º e 6ºcurso) e Secundaria Obrigatoria (de 1º a 4º de ESO) da cidade de Lugo. O traballo cos alumnos e coas súas familias é fundamental no proceso de aprendizaxe, pois esta iniciativa vai dirixida a reorientar, mellorar e garantir o coñecemento e desenvolvemento dos rapaces no día a día na escola.
Este proxecto conta co traballo de varios profesionais, como unha orientadora educativa e un profesor de aula, que ofrecen aos alumnos e as familias que participan neste programa, mecanismos e ferramentas para que teñan maior autonomía para estudar, así como orientación educativa individualizada a través de entrevistas e titorías aos rapaces. Ao longo do ano escolar, os alumnos realizan tarefas de distintas materias escolares e actividades, no centro que posúe a Fundación Secretariado en Lugo. Na pasada edición do Programa Promociona participaron 22 alumnos da cidade de Lugo.
Fundación Secretariado Gitano
Esta asociación sen ánimo de lucro leva funcionando dende fai 13 anos, prestando servizo educativo e laboral a máis de 500 xitanos. A FSG desenvolve todo tipo de accións que contribúen a alcanzar a plena cidadanía das persoas xitanas, a mellorar as súas condicións de vida, a promover a igualdade de trato e a evitar toda forma de discriminación, así como promover o recoñecemento da identidade cultural da comunidade xitana.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



