Lugo, 29 de setembro de 2017.- A través do Fondo de Cooperación Local a Xunta de Galicia distribúe, cada ano, un mínimo de 3,8 millóns de euros entre os quince concellos da comarca da Mariña lucense.
Trátase dun plan de inversións que o Goberno galego reparte conforme a criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios (Fegamp) e onde o factor máis relevante é o número de habitantes, pero tamén valora outros como a superficie, o número de persoas maiores de 65 anos e os núcleos de poboación.
A Xunta incrementou este ano a dotación deste Fondo de Cooperación en máis dun 3%, con todo, quedan por repartirse dous millóns de euros adicionais que servirán para incrementar a cifra final que reciben os concellos desta zona.
Respecto á autonomía municipal
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que unha das principais vantaxes destas axudas é que son os concellos os que, en uso da súa autonomía, deciden o destino dos fondos, isto é as obras, servizos ou gastos ás que orientarán estes recursos.
“Esta característica diferencia o Fondo de Cooperación Local da Xunta doutros programas similares, como pode ser o plan único da Deputación, onde os recursos que recibe cada municipio teñen condicionado o seu destino”
Distribución por comarcas
O delegado territorial explicou tamén que con este e outros apoios, liderados polo Goberno galego, a Xunta demostra que traballa por todos os veciños da provincia por igual, e que se esforza por satisfacer as necesidades de todos os lucenses, vivan onde vivan, con independencia da cor política do seu alcalde”





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



