LUGO, 29 de setembro de 2017.- Novas Xeracións de Lugo celebrará o congreso para elexir nova dirección o 27 de outubro. Así o anuncia a presidenta provincial desta agrupación xuvenil, Rosa Arza, quen indica que este proceso se enmarca dentro do obxectivo que persegue a dirección de seguir renovando as distintas agrupacións locais. Previamente, xa se fixo na de Sarria e, este mesmo mes, na de Triacastela.
Rosa Arza agradece de antemán a “todas os compañeiros que queiran dar o paso á fronte para traballar conxuntamente para seguir medrando como Partido”. “Somos a única forza que verdadeiramente defende os valores democráticos nos que a maior parte da poboación se vei representada, polo que, estas renovacións, estamos convencidos de nos consolidarán como a única alternativa capaz de atender as demandas dos mozos desta provincial”, remarca.
Cronograma
Deste xeito, segundo a programación acordada, os prazos para concorrer ao proceso e que xa foron aprobados, son os seguintes:
-2-13 outubro: presentación de candidaturas
-14 de outubro: proclamación de candidato
-15-22 de outubro: campaña electoral interna do candidato
-27 de outubro: celebración do congreso


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



