Burela, 16 de novembro de 2017. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, acompañou ao Burela FS ao encontro mantido co responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, para falar das axudas económicas do organismo provincial aos clubs. O edil socialista tamén aproveitou para expoñerlle as esixencias da Liga Nacional de Fútbol Sala para o pavillón Vista Alegre e outros asuntos relativos ao deporte de Burela. Fernández Rey saíu satisfeito desa xuntanza, e subliñou o compromiso de Pablo Rivera co Concello burelés e cos seus veciños e veciñas.
Ramiro Fernández explicou que “tivemos unha reunión na Deputación Provincial co deputado de Deportes, Pablo Rivera, que viña solicitada desde o Burela FS por mediación do Concello para falar de aspectos que tiñan relación coas axudas económicas que ía recibir o Burela FS e outros temas que eles tiñan interese en contarlle ao delegado”.
O edil dixo que “a reunión foi moi positiva, o Burela FS ten claro o sistema de axudas que vai ter a Deputación Provincial de cara ao ano que ven, que era unha das súas prioridades”.
Fernández Rey contou que “tamén falamos un pouquiño do tema do pavillón polideportivo. Agora mesmo hai unhas esixencias da Liga Nacional de Fútbol Sala que ten que cumprir, e falamos un pouco da implicación que puidera ter a Deputación no caso de ter que facer algunha obra ou incluso de ter que facer un novo pavillón. Neste caso Pablo Rivera mostrou o seu compromiso cos veciños de Burela e co Burela FS”.
O concelleiro de Deportes sinalou que “aproveitei para falar doutros temas de interese para o deporte de Burela, e teño que dicir que vin moi satisfeito desa reunión porque Pablo Rivera segue mantendo o compromiso cos clubs de Burela”.
Ramiro Fernández di que “falamos tamén do Festival Osa do Mar, desde a Concellería de Xuventude, e eu penso que para este ano o compromiso da Deputación Provincial vai ser máis importante que foi o ano pasado”.
O edil burelés quere “agradecer e mostrar satisfacción polo bo entendemento que hai neste caso entre o Concello de Burela e a Deputación Provincial, sobre todo o que a min me atinxe na Área de Deportes, e esperamos poder seguir contando con esa colaboración e esa amabilidade que ten co deporte de Burela a Deputación de Lugo”.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



