Lugo, 16 de novembro de 2017. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Igualdade, Ana González Abelleira, mantiveron este xoves un encontro cos usuarios da Fundación Secretariado Xitano de Lugo. Os Gobernos da Deputación e do Concello destinan 48.000 euros a este colectivo. Estes fondos permiten ter en marcha programas educativos e de inserción laboral cos seguintes resultados ata o momento: 133 nenos de entre 12 e 16 anos, así como as súas familias, reciben asesoramento e orientación profesional para superar a ESO e logo continuar os seus estudos postobligatorios; 459 maiores recibiron formación nos últimos anos, dos cales 277 asinaron un contrato de traballo.
Estes son os seguintes:
– Programa Promociona, que permite a contratación dun profesor e material escolar para os estudantes. Está dirixido ás familias, os centros educativos e o propio alumnado. Ofrece asesoramento e orientación a nenos de entre 12 a 16 anos, así como aos seus familiares, coa estreita colaboración dos centros educativos lucenses co obxectivo de acadar taxas máis elevadas de éxito escolar na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e, deste xeito, promover a continuidade nos estudos postobrigatorios. En Programa Promociona participan 133 rapaces de 12 a 16 anos.
As accións centrais do Programa Promociona van dirixidas a alumnos e alumnas xitanos do último ciclo de Educación Primaria (5º e 6ºcurso) e Secundaria Obrigatoria (de 1º a 4º de ESO) da cidade de Lugo. Este proxecto conta co traballo de varios profesionais, como unha orientadora educativa e un profesor de aula, que ofrecen aos alumnos e as familias que participan, mecanismos e ferramentas para que teñan maior autonomía para estudar, así como orientación educativa individualizada a través de entrevistas e titorías aos rapaces. Ao longo do curso, os alumnos realizan tarefas de distintas materias escolares, no centro que posúe a Fundación Secretariado en Lugo.
– O outro plan denomínase Programa Acceder. Ofrece intermediación laboral para facilitar a incorporación ao mercado laboral. Nos últimos anos, 277 maiores de etnia xitana atoparon emprego grazas a esta programación. Ademais, permitiu formarse a 459 persoas. A formación e a cualificación profesional, factores de transformación e elementos estratéxicos de fomento da empleabilidad, son outros dos aspectos crave de Acceder. As accións formativas conveniadas con empresas constitúen un dos principais factores de éxito; formacións eminentemente prácticas, vinculadas ao emprego, adaptadas ás necesidades funcionais da empresa e con gran impacto dentro do programa.
López Izquierdo subliñou que “apoiamos este proxecto porque somos conscientes de que a educación é a mellor ferramenta que temos para conseguir a inclusión social deste colectivo, co fin de reducir a porcentaxe de abandono escolar na nosa provincia, pois un 64% dos alumnos xitanos, entre os 16 e os 24 anos, non conclúen os estudos obrigatorios, fronte o 13% do resto do alumnado. Con estas cifras, dende as administracións públicas temos que traballar e colaborar para que os xitanos poidan ter as mesmas oportunidades educativas, laborais e sociais que o resto da sociedade e deste xeito eliminar as barreiras e os estereotipos actuais. Por este motivo, dende o Goberno da Deputación ofrecemos programacións que inclúen cláusulas sociais e que valoran positivamente a inclusión de persoas con risco de exclusión, aínda que non teñamos as competencias neste eido”.
González Abelleira engadiu que “é de agradecer o traballo que dende a Fundación levan desenrolado coa comunidade xitana, un colectivo que está en risco de exclusión. Todos os traballos que se fagan para conseguir una sociedade máis igualitaria son bos e a través da formación e da educación é unha das formas en que todos e todas consigamos esa plena inclusión pola que loitamos día a día dende o Concello e a Deputación, así como dende as diferentes asociacións”.
Fundación Secretariado Xitano
Esta asociación sen ánimo de lucro leva funcionando dende fai 13 anos, prestando servizo educativo e laboral a máis de 500 xitanos. A FSG desenvolve todo tipo de accións que contribúen a alcanzar a plena cidadanía das persoas xitanas, a mellorar as súas condicións de vida, a promover a igualdade de trato e a evitar toda forma de discriminación, así como promover o recoñecemento da identidade cultural da comunidade xitana.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



