Ribadeo, 1 de decembro de 2017. A pista de xeo de tamaño XL volverá a Ribadeo un ano máis, e estará instalada no parque de San Francisco do 15 de decembro ao 7 de xaneiro. O prezo da entrada xeral será de 6 euros, aínda que aquelas persoas que consuman máis de 20 euros na hostalería e no comercio locais só pagarán 3 euros presentando os tíckets correspondentes. A novidade deste ano é que para os grupos escolares da comarca, de máis de 10 persoas, establécese un prezo por entrada de 4 euros. Esta mañá tiña lugar a presentación desta actividade organizada polo Concello de Ribadeo e Acisa. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, o presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente desta asociación, Jesús Pérez.
O rexedor manifestou que “hai que aproveitar o frío e o Nadal para que Ribadeo se encha de xente, nova e non tan nova, que todos veñan a Ribadeo a mercar, a facer as compras para o Nadal, a pasalo ben, a disfrutar, e ademais a patinar sobre xeo outro ano máis, e xa é o terceiro”.
O alcalde salientou que “xa somos un referente consolidado non vou dicir na Mariña, vou dicir en Galicia e nunha parte de Asturias importante tamén, que acaban vindo a Ribadeo coa xente máis nova aproveitando esta pista de xeo que imos ter montada durante moitos días, desde o 15 de Nadal ata o 7 de xaneiro, en horarios partidos de doce da mañá a dúas da tarde, e de cinco da tarde a dez da noite”.
Fernando Suárez informou de que “o custo da entrada é o mesmo que estes anos, 6 euros para a entrada xeral e 3 euros para todas aquelas persoas que compran no comercio local, nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Ribadeo cun mínimo de 20 euros. Todas aquelas persoas que compren cun mínimo de 20 euros, o establecemento daralles un vale que poden canxear na pista de xeo pagando a metade”.
O rexedor engadiu que “este ano temos unha novidade atendendo a un certo mercado que tíñamos e que non estábamos utilizando, que van ser uns prezos escolares para moitos nenos de diferentes colexios de toda a comarca que levan tempo suxeríndonos, establecemos unha nova tarifa de 4 euros para un mínimo de dez persoas. Os que veñen en grupos escolares, que moitas veces acaban vindo en horario de mañá cando temos menos actividade, por un prezo de 4 euros poden patinar durante o período que está establecido para o resto”.
Pola súa banda o presidente de Acisa, David Martínez, dixo que “é unha iniciativa conxunta máis de Acisa co Concello da que estamos moi orgullosos como de todas as iniciativas que temos ao longo do ano, para disfrutar, pasalo ben, para traer xente a Ribadeo que merque e deixe os seus cartos neste sector produtivo básico como son os servizos e o comercio do noso concello”.
Martínez resaltou que “é unha época importante para Ribadeo, para os comerciantes e hostaleiros de Ribadeo, e cremos que este é un aliciente máis para que a xente veña aquí. Pode patinar na pista de xeo e pode mercar en todos os negocios que temos asociados. Temos de todo, pódese dicir que temos un pequeno-gran centro comercial, e ademais a hostalería tan famosa de Ribadeo coa súa alimentación, fai que nestas datas sempre sexa importante vir”.
O presidente de Acisa anima “a todos os foráneos e ribadenses a disfrutar da pista de xeo. Este ano é tamaño XL como o anterior, é a terceira edición, e creemos que é un aliciente moi bo para todos”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



