Burela 2-12-17. O Pescados Rubén Burela FS recuperou a vitoria en Vista Alegre con explosión goleadora fronte ao Tenerife Iberia Toscal (9-1), un rival que malia chegar nunha situación complicada, se mostrou atrevido apostando a xogar a pelota. Os mariñáns abriron unha fenda moi favorecedora na primeira parte, con 6-1.
Colacha, nos primeiros compases, xa avisaba do perigo, cun potente disparo ao largueiro. No minuto 7, Pope, ao bordo da área, serviulle en bandexa o primeiro a Matamoros. En contraataque, levando o temón Colacha, Luisma saíu vitorioso no minuto 9 para subir o 2-0, rozando a liña de meta en pugna con José Luis Gomis. Pouco tardou en aparecer o 3-0, cumpríndose o ecuador do primeiro acto, de novo nunha recuperación que culminou Colacha, tras saída de Chus e pase de Víctor. O Iberia Toscal deu un toque de atención , demostrando ao Burela que nunca se pode baixar a garda. Na terceira chegada con perigo dos insulares, acurtou distancias (3-1, minuto 17) Cristian Blanco aproveitando un rexeite de Álex; poucos segundos antes o 10 de Iberia saíra derrotado fronte ao meta burelista e antes Sergio Parra, no 5. Unha diana que tocou o orgullo laranxa e lles fixo intensificar máis a súa procura de gol aos de Juanma Marrube. A falta dun minuto e medio, Edu Ramos, en propia porta, outorgou o 4-1 a un lanzamento de Pope. Álex mantívose impasible ante a tentativa Saúl Marrupe desde saque de esquina, nunha acción que daba pase ao último minuto antes do descanso, coa sempre máxica aparición de Matamoros para o 5-1, cazando un pase longo que coou entre o meta e o pau, desde o córner. O Pescados Rubén, sen perdoar, a tan só 26 segundos rubricou o sexto, nas zapatillas de Renato, asistido por Pope.
Tenerife apostou por xogo de cinco no minuto 24 fronte á concentración defensiva dos da casa. O sétimo burelista resistiuse; no 27, Edu Ramos evitouno fronte a Matamoros, pero Hélder sentenciouno a porta baleira no 29, tras un prodixioso despexe de Álex co pé fronte á ofensiva insular. O porteiro laranxa non tatexou o máis mínimo ante as embestidas do Iberia Toscal, con grande intensidade no 34. A falta de cinco minutos Matamoros tamén se vestiu a camiseta de porteiro xogador para o Burela. O oitavo, co selo de Chus, subiu ao electrónico no 36, nun roubo do 7 local en pista tinerfeña. O prometedor Sergio Cora anotou o definivito 9-1, no 37, nos seus primeiros compases sobre a pista.
Sábado 9, campaña de recollida de alimentos
A liga de Segunda repetirá na Bomboneira o vindeiro sábado, coa visita do Software DELSOL Mengíbar (18.30 horas), cunha campaña de recollida de alimentos en colaboración con Cruz Vermella de Burela.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Víctor, Luisma, Chus, Colacha, cinco inicial; tamén xogaron Pope, Hélder, Renato, Matamoros, Kelson, Cora
Tenerife Iberia Toscal: José Luis Gomis, Saúl Marrupe, Ixemad, Joseba, Cristian Blanco, cinco inicial; tamén xogaron Sergi Amores, Edu Ramos, Sergio Parra, Aithor, Guille, Nauzet, Adán Casanova
Goles: 1-0, minuto 7, Matamoros; 2-0, minuto 9, Luisma; 3-0, minuto 11, Colacha; 3-1, minuto 17, Cristian Branco; 4-1, minuto 19, Edu Ramos (p.p.); 5-1, minuto 20, Matamoros; 6-1, minuto 20, Renato; 7-1, minuto 29, Hélder; 8-1, minuto 36, Chus; 9-1, minuto 37, Cora
Árbitros: Carreira Romero // Ferrero Carballal (Colexio Galego). Por Burela FS, amarela a Matamoros (minuto 13), Renato (minuto 15), Kelson (minuto 16). Por Tenerife, amarela a Aithor (minuto 13), Cristian Blanco (minuto 22)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 12 de Segunda LNFS, disputado en Vista Alegre ante unhas 800 persoas.





















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
