O cuarteto de arpas Lulavai ofrecerá un concerto especial de Nadal este sábado, día 16, ás 19:30 horas na Sala Bahía, de Foz. Esta actuación, con entrada gratuíta, forma parte da programación cultural do Concello de Foz para este mes de decembro. O departamento de Cultura do Concello de Foz explica que “Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman Lulavai, un insólito cuarteto no que o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces dan vida a unha formación única que fai a delicia dos espectadores. Temas de composición propia, sen perder o referente da música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz, … darán forma a este concerto de orixinais e evocadores sons”.
























A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



