Ribadeo 15-12-17. O luns 11 de decembro, o alumnado de Valores Éticos de 1º ESO participou nun obradoiro dirixido por monitoras de SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA, que, un ano máis, brindáronse para traballar con nós. A temática elixida foi a do consumo responsable e o comercio xusto, vinculado neste caso ás datas nas que se realizará o proxecto, o Nadal, caracterizado por ser posiblemente o período máis consumista do ano. Co título No Nadal Non te consumas, a actividade pretendía os seguintes OBXECTIVOS:
– Sensibilizar ao alumnado e o profesorado sobre as consecuencias que ten o noso consumo a nivel social e medioambiental. Intentar mostrar as desigualdades e os desequilibrios que crea un modelo de consumo sen límites e sen prantexamentos éticos.
– Concienciar sobre a importancia que ten o papel do consumo na economía e no noso entorno, a nosa responsabilidade como consumidoras/es e a nosa capacidade para incidir no mercado e na sociedade.
– Ofrecer alternativas para un consumo más responsable, xusto, social e ecolóxico: o Comercio Xusto.
As accións a realizar por tanto, son dúas, elaboradas dende dúas metodoloxías diferentes: obradoiros educativos (nos que se define que é o consumo responsable utilizando dinámicas de grupos e xogos de rol para que elas e eles poidan experimentar, interpretar, traballar, os distintos conceptos de consumo responsable), máis unha iniciativa solidaria a realizar no centro, que consiste en que o alumnado, en colaboración co profesorado e co apoio de Solidariedade Internacional de Galicia, “atendan” durante os días previos ás vacacións, no tempo de recreo, un posto informativo e de venda de produtos de Comercio Xusto.
A finalidade será que o alumnado se convirta en axentes multiplicadores da información cara o resto do centro e familias e ofrecer unha alternativa de compra real de cara aos agasallos de Nadal. A través desta iniciativa o alumnado convertirase no protagonista da súa propia acción de educación para o consumo. Ao mesmo tempo e a través da venda dos produtos de comercio xusto, colabora coas cooperativas produtoras dos países do Sur e con Solidariedade Internacional de Galicia.
CONSUMO NO NADAL
O que imos vivir na nosa sociedade de consumo durante as vindeiras semanas é tan só a punta do iceberg, quizais a consecuencia máis dramática dun modelo de consumo que nos invita a comprar unha prenda de vestir cada 9 días, que xa está a impoñer un cambio de tempada cada 15, que non contempla ningunha outra lóxica que non sexa a de maximizar os beneficios.
O noso consumo, hoxe, nútrese de condicións laborais que atentan contra a dignidade das persoas, que promoven a “neoescravitude” de moitas sociedades en países xa empobrecidos que ven así comprometida calquera posibilidade de desenvolvemento humano sostible.
O noso consumo, hoxe, ten consecuencias medioambientais irreversibles, un exemplo claro é o ocorrido no Mar de Aral ónde, o cultivo do algodón ten acabado practicamente co que fora o cuarto lago máis grande do mundo.
O noso consumo, hoxe, favorece o mísero desmantelamento dos nosos tecidos produtivos locais e con el as oportunidades de vida de moitas persoas.
O noso consumo, hoxe, ameaza a riqueza que supón a diversidade cultural da vestimenta tradicional. A producción e comercialización masiva dos produtos textis inundan os mercados locais de todo o mundo das mesmas pezas de roupa acabando coas tradicións de uso e elaboración.
O noso consumo, hoxe, concentra os recursos nunhas poucas mans. A obscenidade da riqueza dun home fronte a miseria de millóns de persoas.
Por todo isto, dende Solidariedade Internacional rexeitamos comportamentos empresariais que afecten ao medio ambiente, ás condicións laborais e de saúde de traballadores e traballadoras, á identidade cultural, a unha xusta redistribución dos recursos.
En materia laboal, reivindicamos condicións dignas. O que é xusto para nos é xusto para todo/as e, polo tanto, deben cumprirse uns dereitos laborais mínimos, non os “seus mínimos” senon uns mínimos que permitan levar unha vida que mereza a pena ser vivida. Cumprir co SMI de cada país se este apenas cubre as necesidades básicas non é digno, os accidentes in itinere tamén son accidentes de traballo e a empresa debe por todos os medios para evitalos, un traballador debe entender o que son unhas vacacións e, por suposto ter dereito a elas…
Pedimos aos consumidores que se interesen pola procedencia das prendas. Que pregunten SEMPRE aos dependentes/as das tendas se saben onde e como se fabrican estes produtos que teñen á venda e que omitan comprar se non o ven claro.
Dende Solidariedade Internacional de Galicia, queremos aproveitar este feito para seguir insistindo na importancia das alternativas que, coma o Comercio Xusto, pretenden facer dos nosos actos de consumo, expresións de activismo polo cambio cara un modelo económico ónde, as persoas, sexan o primeiro.
Dende S.I de Galicia van seguir traballando, dende o noso centro imos seguir traballando, dende a nosa vida cotiá… sabemos que non é fácil pero somos moitos e moitas e non podemos deixar de intentalo.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



