A proposta gañadora é creación de Aris Legaspi Villarino que presentou dous deseños orixinais e innovadores como se pedía. A composición do xurado incluía, ademáis dunha profesora, unha alumna e unha exalumna da escola, aos recoñecidos artistas Xoán Guerreiro e David Catá. A entrega do premio (200 €) terá lugar na EOI de Viveiro mañá miércoles 20 ao re,ate da representación teatral en italiano dun grupo dos nosos alumnos e exalumnos. Entregaranse asemade agasallos aos usuarios da biblioteca más activos durante este primeiro trimestre do curso.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



