Lugo, 19 de decembro de 2017. Goberno de Deputación e Confederación de Empresarios de Lugo organizan este sábado, ás 12:00 horas, un foro de debate aberto á cidadanía que leva por nome “Por un Lugo conectado”. Abordarase a situación das infraestruturas na provincia de Lugo, como estas afectan ao desenvolvemento económico e laboral no territorio ou cales son as necesidades dos lucenses neste eido para acadar o crecemento socio-económico.
Terá lugar na sede da CEL, situada na Praza de Santo Domingo da capital. O acceso é gratuíto. Hai prazas limitados polo que se require inscrición previa. Máis información no 982231150 ou en www.cel.es.
Este foro busca dar voz ao tecido empresarial da provincia para coñecer como afecta o déficit de infraestruturas no desenvolvemento da súa actividade, así como consensuar propostas conxuntas para tentar dar solucións.
A Confederación de Empresarios de Lugo leva 10 anos reivindicando “infraestruturas irrenunciables” para a provincia de cara a afrontar con éxito o século XXI. O Goberno da Deputación comparte estas mesmas demandas.
Está confirmada a participación do Presidente e do Secretario da CEL, Eduardo Valín e Jaime López Vázquez, respectivamente, así como do Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



