Xove, 26 de decembro de 2.017. Celebrouse este pasado venres 22 de decembro, nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, sendo todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, como de público.
O Xurado desta VII edición estivo formado por Dº Xacobe Pedre Otero, profesor da Escola Municipal de Música de Xove, Dº Francisco Javier Pena Louzao pola Asociación Saiñas de Xove e Dº Eduardo Rodríguez Basanta membro do grupo musical Escolma de Meus. A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:
Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: JUDIT SHÁREZ AZOGUE, coa canción “Antes Muerta que Sencilla” de María Isabel. Premio de 60 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: Mateo Fraga Louzao, coa canción “La Isla del Amor” de Demarco. Premio de 60 €uros.
Premio á “Mellor Caracterización”: Mateo Fraga Louzao, coa canción “La Isla del Amor” de Demarco. Premio de 60 €uros.
Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: Formada polos irmáns NEREA e IAGO RIVAS BALSA coa canción “Soldadito Marinero” de Fito & Fitipaldis. Premio de 90 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: MARGARITA PARAPAR FERNÁNDEZ coa canción “Sin ti no soy nada” de Amaral. Premio de 90 €uros.
Premio á “Mellor Caracterización”: IVÁN GÓMEZ RODRÍGUEZ con “Te dejo Madrid” de Shakira. Premio de 70 €uros.
Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: MARTA SUÁREZ DÍAZ coa canción “Back to Black” de Emy Winehouse. Premio de 150 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: RAUL J. TORRES GARCÍA coa canción “New York New York” de Frank Sinatra. Premio de 150 €uros.
Premio á “Mellor Caracterización”: RAUL J. TORRES GARCÍA coa canción “New York New York” de Frank Sinatra. Premio de 150 €uros.
Dentro dos premios, o xurado decideu este ano, por primeira vez, dar un doble premio en dúas categorías distintas; deste xeito, Mateo Fraga consigueu o 2º premio á mellor voz e o premio á mellor caracterización na categoría peques, e Ray J. Torres consiguei tamén o 2º premio á mellor voz e o premio á mellor caracterización na categoría de veteranos.
Foron 24 inscritos: 4 en categoría “peques”, 4 en categoría “iunior” e 16 en categoría “veteranos”.
A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico.
A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polas Concelleiras: Dolores Meitín (Cultura), Ana Abad (Servizos Sociais) e Cristina Iglesias (Deportes).





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



