Tamén nestas datas e tempo de atoparse cos amigos na diáspora, unhas horas para compartir, comendo, por suposto. Os amigos elíxense, a familia non, pero, aínda así non sempre se acerta. Últimamente os psicólogos falan moito de compañías tóxicas, sexan parentes, amigos, veciños ou xente do traballo e apuntan a necesidade imperiosa de tratarse este veneno para que non acabe reflectíndose no corpo cunha enfermidade, porque o corpo nunca mente, só que non o escoitamos a tempo, ata que nos berra . Si xunto a unha persoa algo se che revolve dentro, non sabes que pasa pero incomódache a súa presenza, ou as súas palabras ou a súa soa visión, escoita o teu corpo e decide, tes as tres opcións que a natureza dá a calquera ser vivo: fuxida, loita ou aceptación conscente, si é un tigre de bengala telo difícil en calquera caso. Para os humanos existe outra saída máis, contalo. Cóntao, fala diso, non cho tragues,non o gardes dentro, non hai antídoto, dicho unha experto. Felices festas.
É o que toca nestas datas, ilusións, queixidos, consumo e pacencia, un pouco de cada. Facemos unhas cousas con gusto e outras de mala gana. Algunhas familias respectan a tradición aínda que lles custe a saúde, é máis cómodo que rebelarse e dar explicacións. Imos xogar a que todos nos levamos ben, os cotilleos na cociña, na taberna, no restaurante, no cotillón. Por favor, contención na bebida que logo pasa o que pasa, prohibidas as alusions molestas, aos avós que non lles falte de nada. Ao pé da árbore agasallos, moitos agasallos, e canto máis caros menos amor, hai que camuflarse. Decorar a casa, poñer as luces, que bonito, entrañable, uns villancicos de fondo, algúns momentos perfectos, suspiros. Entre cordeiro e pescada, repolo e lechuga. . Felices festas y un ano cheo de boa sorte.
Otero Regal


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



