Ribadeo, 16 de xaneiro de 2018. Concello e Acisa asumen neste 2018 a organización do Entroido, ante a falla dunha comisión veciñal que se faga cargo deste evento. Contan coa colaboración dun pequeno grupo de voluntarios, que a título individual lles queren botar unha man. Hoxe presentouse o cartel do festexo, que xirará entorno a Hollywood. O programa, que incluirá a gala inaugural, o desfile do martes e a Queima do Entroido será presentado dentro duns días. Os organizadores traballan para pechalo canto antes. Os premios do desfile serán da mesma contía que en anos anteriores.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “estamos aquí para presentar algo inédito para nós, tanto para Acisa como para o Concello de Ribadeo, porque as dúas partes estamos presentando o Entroido 2018 de Ribadeo. Isto é así porque este ano lamentablemente non demos conseguido unha comisión de homes e mulleres que quixera levar adiante a organización deste Carnaval 2018. Sabemos que moitas veces a organización de actividades colectivas acaba aburrindo á xente, pero había o risco de que Ribadeo puidera quedar sen Entroido; e isto doíanos moito, tanto pola parte do Concello como pola parte do comercio, polo que significa de movemento de xente e económico”.
O rexedor contou que “a última hora decidimos in extremis, tanto Acisa como o Concello, organizar un Entroido, o que vamos facer con todo o cariño, intención, ilusión e esforzo das dúas partes, pero sabendo que non vai ser unha organización ao uso; non hai unha comisión como tal. Polo tanto non queremos poñer a venda antes da ferida, pero pedimos desculpas porque non vai ser un Carnaval ao uso, como foi outros anos. Si que temos temática e vanse celebrar todos os días que houbo en edicións anteriores: haberá o pregón, o Martes de Entroido co seu desfile e tamén a Queima de Entroido ao sábado seguinte. Polo tanto temos todos os ingredientes e agora contamos con que a cidadanía, tanto de Ribadeo como da comarca, responda e asista a este Entroido 2018, que non por ser diferente pretendemos que sexa peor, nin moito menos”.
Pola súa banda, o vicepresidente de Acisa, Juan Andina, declarou que “desde Acisa Ribadeo consideramos que el Entroido es un evento de remarcada importancia, no solo para todos los ribadenses sino también para la hostelería y el comercio asociado, que se vuelca en su celebración. Tiendas de disfraces, peluquerías, mercerías y cualquier otro establecimiento notan un repunte de sus ventas en Carnaval. Y la hostelería, tras el pequeño parón de después de las Navidades, cuenta con dos grandes fines de semana de fiesta. Mucha gente nos visita especialmente en estas fechas para disfrutar del Carnaval ribadense, de su gala inaugural, el desfile, la Quema,…. todos estos visitantes son un potencial que Acisa Ribadeo no puede dejar pasar de largo. Por eso el presidente de la asociación y la junta directiva decidimos unirnos nuevamente al Concello para sacar adelante un evento de gran importancia para nuestros asociados y ribadenses en general”.
A temática do Entroido de Ribadeo xirará entorno a Hollywood, tal e como subliñaba o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “hai locais de algunhas zonas de Ribadeo que xa están traballando nunha decoración conxunta para facer o máis atractivo posible o Entroido 2018. Queremos animar a todos os establecementos hostaleiros asociados a que se decoren e a que os seus empregados se caractericen. É sinxelo, poden buscar unha película e facelo en base a ese filme”.
Na presentación celebrada esta mañá no Concello de Ribadeo participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e tamén o vicepresidente, a secretaria e o xerente de Acisa, Juan Andina, Emma Álvarez e Jesús Pérez. Nuns días darán a coñecer o programa do Entroido 2018.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



