Lugo, 19 de xaneiro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou esta mañá os oito programas de subvencións que convoca neste comezo de ano Turismo de Galicia, o primeiro dos cales publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) e que superan en conxunto os 5 millóns de euros de orzamento.
Balseiro sinalou que estas axudas “enmárcanse dentro do esforzo que está a realizar o Goberno galego para impulsar o turismo; un esforzo que na provincia de Lugo se traduciu o pasado ano nun investimento de máis de 5,5 millóns de euros, entre apoios ao sector e proxectos propios”.
A orde de axudas que se convoca hoxe está dirixida a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas. O obxectivo é a mellora da accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos, pero este ano tamén serán subvencionables actuacións de embelecemento dos accesos a estes recursos, das súas contornas, dos Bens de Interese Cultural, e actuacións de posta en valor turístico. O orzamento total desta liña de axudas será de 2,5 millóns de euros.
A principal novidade na programación deste ano son as subvencións a entidades privadas para a mellora dos establecementos turísticos de aloxamento, co fin de incentivar aos empresarios do sector para que melloren a imaxe e confort dos aloxamentos. A contía da convocatoria é de 500.000 euros.
A terceira liña de axudas son as subvencións a empresas do sector turístico para impulsar a creación e promoción de produtos turísticos cun carácter innovador e axustados a determinadas liñas temáticas, como o Camiño de Santiago, Bosques de Galicia, Balnearios, enogastronomía ou turismo mariñeiro, entre outros. O orzamento é de máis de 650.000 euros.
Igualmente, convócanse as axudas a concellos para apoio, promoción e difusión das festas de interese turístico de Galicia e as axudas aos concellos declarados municipios turísticos e xeodestinos para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño a setembro, que suman un orzamento de máis de 600.000 euros.
Por último, haberá axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalería de Galicia (60.000 euros de dotación en total), e convocaranse os premios Camiño de Santiago e os premios Galicia Parabéns; o orzamento de ambos suma 275.000 euros para este ano.
Balseiro desgranou os detalles das axudas e tamén fixo balance dos investimentos en Turismo que realizou a Xunta o pasado ano na provincia de Lugo: Máis de 5,5 millóns de euros entre subvencións e convenios con outros actores e obras propias.
“O esforzo de promoción e na mellora dos recursos turísticos están dando os seus froitos -apuntou- e, no que respecta a Lugo, entre xaneiro e novembro do pasado ano rexistrouse un incremento global da demanda turística do 2,8% grazas á mellora da estadía media”.
Capítulos de investimento
Entre os principais capítulos de investimento Balseiro destacou as rutas Xacobeas; 2,8 millóns de euros destinados, en boa medida, ao acondicionamento, sinalización e melloras das rutas.
Concedéronse axudas a empresas turísticas por importe de 834.000 euros a través dos Grupos de Acción Local de Pesca (GALP), e por importe de 599.000 euros a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).
Na liña de axudas a concellos e outras entidades locais para a mellora da sinalización e accesibilidade dos recursos turísticos concedéronse 26 subvencións cun investimento global de 772.400 euros. 11 municipios turísticos recibiron axudas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo, por importe total de 57.000 euros, e 19 recibiron subvención para as
Festas de Interese Turístico, por importe de 56.900 euros.
Turismo de Galicia asinou convenios con diferentes entidades para financiar investimentos en recursos turísticos -entre eles oito con concellos para a realización de obras- que alcanzan un orzamento de 238.300 euros
Igualmente, asina convenios cos xeodestinos que están actualmente en funcionamento na provincia. Son de carácter bianual e achegan 100.000 euros ao ano ao Consorcio da Ribeira Sacra e 80.000 euros anuais á Mancomunidade de Municipios da Mariña.
En suma, sinalou Balseiro, “un esforzo orzamentario considerable que se pode constatar botando man do Diario Oficial de Galicia, porque todas as achegas se realizan con transparencia, a través de programas de axudas ou de convenios que se publican no DOG”.
“Non cabe a discrecionalidade -engadiu o delegado- cando o que pretendemos é sumar o traballo de todos para facer de Lugo un destino cada vez mellor, con máis calidade, desestacionalizado e diversificado, para que toda a provincia poida experimentar os beneficios económicos, sociais e culturais que a actividade turística pode supoñer”.
Neste sentido, Balseiro rematou anunciando que nos vindeiros días convocaranse na Delegación Territorial as xuntanzas para ultimar a constitución dos xeodestinos de Lugo, A Terra Chá, A Montaña lucense, e A Ulloa e Sarria. “Queremos que tamén estas áreas se poidan beneficiar das axudas da Xunta Galicia para esta fórmula de promoción turística que tan bos resultados está a dar na Mariña e na Ribeira Sacra, como noutras zonas de Galicia”.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



