Lugo, 20 de xaneiro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este sábado na inauguración da XV Festa do Chícaro de Foz. Trátase da cita gastronómica que acolle o municipio mariñán durante a xornada de hoxe e mañá, domingo, na carpa habilitada no peirao de Foz e nos establecementos hostaleiros do municipio. O Goberno da Deputación colabora cunha achega económica de 3.000 euros ao Concello para a celebración desta feira co obxectivo de promover o berberecho, un produto autóctono dunha calidade exquisita e cun factor de singularidade turística capaz de atrae a milleiros de visitantes.
Nesta décimo quinta edición da festa ofreceranse máis de 1.200 kg deste manxar que se poderá degustar ao vapor, empanado, á provenzal ou con fabas de Lourenzá. Os pratos preparados na carpa habilitada no peirao de Foz teñen un prezo de 5 euros con pan incluído e as actividades complétanse con música e animacións pola rúas.
Programación da Festa
A XV Festa do Chícaro comezou este sábado ás 12:00 horas no peirao de Foz coa inauguración e pregón a cargo do profesor galego, poeta e escritor mariñán Paco Ribas, que ten editados numerosos libros entre os que destacan Fraseoloxía do mar, Entre o ábalo e a zaranda ou De punta a chícote, que recolle o vocabulario dos veciños da mariña. Ás 12:45 horas tivo lugar a apertura dos 6 stands, nas que se ofrecerán elaboracións a cargo dos alumnos do Departamento da Escola de Hostalaría do IES de Foz. Durante a xornada matinal o grupo musical Mar Aberto encargarase da animación con música tradicional e xa pola tarde, ás 19:00 horas será a quenda do grupo O Feitizo con batuka e bailes tradicionais. Ás 21:00 horas, para rematar o primeiro día de festa terá lugar a actuación da Charanga NBA. O domingo 21 de xaneiro a Festa do Chícaro continuará nos establecementos hostaleiros de Foz e dende as 12:30 ata as 15:00 horas os grupo Folklóricos e a charanga NBA animarán as rúas do municipio mariñán.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



