Ribadeo, 20 de xaneiro de 2018. Centos de persoas asistiron este sábado á VII Festa do Comercio de Acisa. Uns viron o sorteo desde o interior do Cine Teatro e outros desde a rúa, onde se instalou son e imaxe para que puidesen seguilo con toda a intensidade do momento.
Os gañadores foron:
-Con 1000 euros: Emérita María Muíña Veiga, de A Devesa (Ribadeo). A papeleta número 4.637 foille entregada no Bar Galicia.
-Con 500 euros: Antonio Pérez Rosa, de Ribadeo. O boleto co número 17.425 foille entregado en Farfala.
-Con 250 euros: Pilar Bouso Castelao, de Ribadeo. A papeleta número 48.873 foilles entregada por unha compra realizada en La Moda.
Os afortunados e afortunadas terán dous meses para consumir os seus premios nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo, no comercio, na hostalería, etc.
Na VII Festa do Comercio houbo tamén un premio non presencial dotado con 250 euros. Será para a persoa que posúa a papeleta 45.454. Ese foi o cupón da Once de onte, 19 de xaneiro. O propietario do boleto dispón ata o 31 de xaneiro para reclamar o seu premio, achegándose ata as oficinas de Acisa, sitas na segunda planta do nº 20 da Avenida de Galicia.
No acto desta noite, que foi conducido por Juana Carrera da emisora Cope de la Costa, interviñeron o alcalde, Fernando Suárez, e o vicepresidente de Acisa, Juan Andina. Os asistentes á VII Festa do Comercio puideron asistir á estrea do vídeo promocional da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, que moi pronto poderá verse nas redes sociais e na campaña de promoción audiovisual que realizará o colectivo empresarial ribadense.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



