LUGO .- A deputación despuxo de 62 operarios e 20 vehículos para atender incidencias por choiva e vento nas estradas provinciais. Dende primeira horas da madrugada, o dispositivo mobilizado traballa na retirada de árbores, asolagamentos e desprendementos de terra rexistrados na rede viaria
Nota de Prensa
A Deputación desprega a 62 operarios e a 20 vehículos para atender incidencias por choiva e vento
– Dende primeira horas da madrugada, o dispositivo mobilizado traballa na retirada de árbores, asolagamentos e desprendementos de terra rexistrados na rede viaria
– A presenza de pólas nas estradas foi a consecuencia de dous accidentes en Guitiriz e As Nogais, nos que non houbo que lamentar feridos de gravidade
A Deputación continúa a traballar nas estradas provinciais para atender as incidencias acontecidas durante as choivas e o forte vento rexistrado na madrugada de hoxe, e que provocaron caídas de árbores, asolagamentos nas estradas e desprendementos de terra que dificultaron a circulación en varios treitos da rede viaria provincial. En total, as empresas ás que se adxudicou a Conservación Integral están a actuar en viais de 30 Concellos, nos que están a traballar 62 operarios e 24 vehículos.
O temporal de vento e choiva ocasionou fundamentalmente a caída de árbores nas estradas, o que obrigou a que o Servizo de Vías e Obras despregase o maior número de efectivos para atender as incidencias ocasionadas polas fortes rachas. Neste momentos, están a traballar na CP 5101 que nestes momentos permanece cortada ó tráfico. A presenza de pólas tamén provocou dous accidentes de tráfico nos que non houbo que lamentar feridos de gravidade. O primeiro aconteceu á 6 da mañá na CP 3102, no Concello das Nogais. O usuario do vehículo tivo que ser evacuado en ambulancia con feridas leves ó caer a árbore sobre o turismo que conducía. Asimesmo, dúas horas máis tarde, ás 8 da mañá, rexistrábase o outro sinistro. Este aconteceu na CP 2301, en Guitiriz, e só se produciron danos materiais, xa que ó conductor deulle tempo a frenar, evitando que o turismo colidise coa árbore.
As outras incidencias por este motivo producíronse nas estradas 4806 e 4802 na Pontenova, 1611 en Castro de Rei; 2801 en Lugo; 2101, 2104, 2119, 2116 e 5101 en Friol; 4001, 4002, 4004 e 4008 en Palas de Rei; 0708, 0705, 0702 e 0701 en Becerreá; 1403, 1407, 1412 en Cervantes; 4501 e 4504 en Pedrafita; 5001, 5002, 5005 en Quiroga; 0905 en Bóveda; 4002 e 4107 en Pantón; 4902, 4901, 4905 en Portomarín; e na 3202 no Saviñao.
Asolagamentos e desprendementos
O temporal tamén provocou asolagamentos nos Concellos de Abadín (CP 0105), Outeiro de Rei (CP 5101), Xermade (CP 2210), A Fonsagrada (CP 1906), O Courel (CP 1301), Chantada (CPs 1805 e 1807) e Carballedo (CP 1005).
Polo que se refire ós desprendementos de terra, as empresas ás que a Deputación adxudicou a Conservación Integral están a traballar a reo en Lourenzá (CPs 2801 e 2802), Mondoñedo (CP 3106), Abadín (CP 0104), A Pontenova (CP 4802), Riotorto (CPs 5501 e 5503), A Fonsagrada (CP 1906), Negueira de Muñiz (CP 3601), Cervantes (CPs 140 e 1501) e Carballedo (CP1801).
Os traballos céntranse na limpeza limpeza das vías e retirada de terra. Para estas actuacións, o organismo provincial está a empregar 6 camións, 7 retros-mixtas, 31 motoserras e 19 motoniveladoras.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



