LUGO .- O presidente da deputación,José Ramón Gómez Besteiro , mantivo un encontro co director Cámara de Comercio Hispano Xaponesa co fin de favorece a apertura de mercados para Lugo
Nota de Prensa
Gómez Besteiro favorece a apertura de novos mercados para Lugo coa Cámara de Comercio Hispano Xaponesa
– O Presidente da Deputación mantivo un encontro co Director desta entidade aproveitando a visita oficial que está a realizar pola provincia
– Martínez Massa amosou o seu interese polas campañas de promoción turística e de productos autóctonos do organismo provincial como Km0 e Lugo Sabe
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo un encontro este xoves co Director da Cámara de Comercio Hispano Xaponesa, Miguel Ángel Martínez Massa quen está a realizar unha vista oficial pola provincia coa intención de coñecer novos mercados.
Neste senso, Martínez Massa expúsolle ao titular provincial o interese da entidade que representa por dar a coñecer Lugo aos seus afiliados, a todos os cidadáns xaponeses residentes en España, e os diferentes países donde teñen representación diplomática.
Pola súa banda, Gómez Besteiro explicoulle as liñas xerais dos programas que a Deputacion está a levar a cabo para a promoción do turismo, e dos produtos autóctonos lucenses, e que están a fomentar o desenvolvemento da provincia como son Lugo Sabe e Km0. O Director da Cámara de Comercio Hispano Xaponesa amosouse moi interesado nestes proxectos, e plantexou a posibilidade dunha colaboración entre ambas as duas entidades abrindo novos mercados de negocios.
Da mesma forma, o máximo mandatario provincial sinalou que este é ademais un ano de oportunidades económicas por ser Ano Santo. Gómez Besteiro explicoulle a Martínez Massa que a Deputación non quixo perde esta ocasión única para atraer visitantes á provincia pola que transcorren 800 quilómetros de peregrinación. Por iso, o organismo provincial puxo en marcho o pioneiro programa Km0 a Compostela co que se convertíu na primeira administración cunha programación previa e estable ao Xacobeo.
O Director da Cámara de Comercio Hispano Xaponesa sinalou que aos cidadáns xaponeses interésanlles as opcións de ocio e gastronómicas doutros países, e que España segue sendo aínda a gran descoñecida. Ademais, explicou que parte dos beneficios das empresas xaponesas adícanse a pagar aos seus traballadores viaxes por calquera parte do mundo. Neste senso, sinalou que Lugo, tanto polas súa naturela, cultura, historia, ou gastronomía, podería ser un destino moi elexido.
Durante o encontro, Gómez Besteiro fíxolle entrega a Martínez Massa dunha publicación limitada sobre Km0 a Compostela, e dun lote de produtos autóctonos da campaña Lugo Sabe.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



