Ribadeo, 23 de xaneiro de 2018. O BOP publica hoxe dous anuncios de obras en Ribadeo. A pavimentación e urbanización da rúa San Roque, que suporán un investimento de 660.000 euros de fondos propios municipais, e o ensanche e reforzo do firme da estrada que vai a Piñeiro. A inversión será de 70.000 euros e correrá a cargo da Xunta e do Concello. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que a primeira fase dos traballos que se realizarán na rúa San Roque terán que estar listos antes da celebración do Ribadeo Indiano, e segunda comezará despois do verán.
O rexedor dixo que “ter aprobado o orzamento municipal desde finais do ano anterior permítenos sacar obras a licitación pública. De aí que hoxe no Boletín Oficial da Provincia saian dous anuncios de obras importantes, unha delas na parroquia de Cedofeita, concretamente vamos sacar a licitación o ensanche e o reforzo do firme da estrada que vai a Piñeiro, por un importe total de 70.000 euros que vai sufragado entre achega de fondos municipais e da Xunta de Galicia, a través dun plan de mellora do Agader. É un contrato a licitación aberta e todas as empresas que cumpran os requisitos teñen 26 días naturais a partir desta publicación para presentar as súas ofertas”.
Suárez Barcia explicou que “tamén hai outro anuncio, neste caso a nivel urbano, da vila, é do pavimentación e urbanización da rúa San Roque, unha obra moi importante que se vai sufragar integramente con fondos municipais e que ascende no presuposto de licitación a 660.000 euros, divididos maioritariamente neste ano 2018, aproximadamente 500.000 euros, e o resto, uns 160.000, no 2019. Para isto tamén todas as empresas que queiran concorrer e que estean coa capacitación que se require teñen 26 días naturais para presentar as súas ofertas desde o día de hoxe”. O alcalde contou que “esta obra ten que ser feita en varias fases: na primeira delas desde o inicio da execución debe estar listo o primeiro treito antes da data do Ribadeo Indiano, que se celebra o segundo fin de semana de xullo; e este treito debe ser desde aproximadamente onde están os Cocos, na Praciña de San Roque, ata o encontro coa rúa Vilalba. E despois do verán deberán facer a continuación ata o remate, aproximadamente na capela da Virxe do Camiño”.
Para Fernando Suárez “son obras moi importantes, que van supoñer un cambio significativo positivo, que xerarán algunhas molestias, sen dúbida, cando se fagan e durante o seu período de execución, pero vai ser para beneficio dos veciños e veciñas de Ribadeo”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



