Cervo, 28 de febreiro de 2018. A Casa do Mar de San Cibrao está a acoller estes días o campionato de tute e parchís, que organiza o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o 10 de marzo.
Están xogando, en horario de mañá e tarde, 20 parellas, 10 ao parchís e 10 ao tute.
A edil delegada de Muller, Pilar Armada, sinalou que “as gañadoras recibirán os correspondentes trofeos na Cea do Día da Muller, que terá lugar no Restaurante Buenavista, o sábado 10 de marzo, ás 22:00 horas; alí entregaremos unha figura de Sargadelos a cada unha das integrantes, das tres mellores parellas de cada disciplina”.
Armada destacou que hai motísima afección por parte das mulleres de Cervo tanto polo tute como parchís e boa mostra diso son os anos que levamos organizando este campionato, e nesta ocasión incluso temos anotadas máis parellas que en edicións anteriores; cremos que é unha boa iniciativa para que as mulleres se reúnan e pasen un bo anaco todas xuntas”.
Armada recordou que “o prazo para anotarse a esta cea está aberto ata o 8 de marzo e as interasadas en asistir poden retirar os seus tickets a través das diferentes asociacións e tamén na Casa da Cultura de San Ciprián (982.59.51.57).
O programa de actos foi consensuado entre o Concello e todas as asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Cibrao, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.
Ese sábado, 10 de marzo, ás 20:00 horas, está previsto que actúe o monologuista Xan Veiga na Casa do Mar, nun acto aberto a todo o púbico.
E logo da cea, a xornada rematará con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Epok-a
O Concello de Cervo anima a todas as mulleres do municipio a que se sumen aos diferentes actos programados nesta xornada.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



