Viveiro 6-3-18. Polo que atinxe ás mulleres do equipo de goberno, tanto eu mesma como as outras catro concelleiras, secundaremos esta folga; o vindeiro día 8 de marzo non incluiremos ningún asunto nas nosas axendas institucionais e acudiremos á lectura do manifesto, organizado por este concello, que terá lugar na Praza Maior, ás 12:30 horas, coincidindo co inicio do parón de dúas horas por quenda.
Temos constancia de que o comité de empresa tamén acordou apoiar esta convocatoria de folga de dúas horas por quenda, entre as 12:00 e as 14:00 horas pola maña, e as 19:30 e 21:30 horas; dende o equipo de goberno adoptaranse as medidas oportunas para garantir os servizos mínimos, nos distintos servizos municipais, durante esta xornada de folga
Secundando esta folga queremos poñer de manifesto a necesidade de adoptar as medidas necesarias para garantir a igualdade de homes e mulleres, así como a necesidade de conseguir un compromiso por parte do goberno e das formación políticas contra a violencia de xénero.