Alfoz 9-3-18. O vindeiro mes de Abril celebraranse as V Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
– Proba Deportiva: Sábado 7 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
– Proba Cultural: Sábado 14 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
– Proba Artística: Sábado 21 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
– Xogos Populares: Sábado 28 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte. Entre as novidades pódese destacar que nas probas dos xogos populares, introdúcese unha proba para nenos e nenas de ata 12 anos. Ademáis, un ano mais, todas as probas deberán contar con equipos mixtos para dar participación ao maior número de xente. Como indica Xabier Pardiñas, responsable da Área de Cultura do Concello de Alfoz, “ainda que cada ano hai mais rivalidade desde a organización trabállase para que nas olimpiadas se fomenten valores como a responsabilidade, o compañeirismo, o respecto, a tolerancia, e a igualdade”
Nas Olimpíadas poderán participar todos os veciños e veciñas das diversas parroquias de Alfoz que estean ou estiveran empadroados/as ou sexan naturais do concello, ou ben que teñan parentesco en primeiro ou segundo grao con estes.
As inscricións realizaranse, a través dos capitáns de cada parroquia, na Biblioteca Municipal, indicando nome e apelidos, proba na que participa e grao de relación coa parroquia.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



