Lugo, 20 de marzo 2018. O Goberno da Deputación súmase aos actos organizados pola Asociación Síndrome de Down Lugo con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down, que se celebra o 21 de marzo, en referencia á triplicación do cromosoma 21, que se traduce na condición xenética desta doenza. Deste xeito, o Executivo Provincial iluminará este mércores de cores azul e amarelo as fachadas do Pazo de San Marcos e do Fogar de Santa María, simbolizando a sensibilidade da institución provincial coas persoas e familias afectadas polo Síndrome de Down. Ademais, a TIC da Deputación elaborou un vídeo promocional, onde se recolle toda a actividade que realiza este colectivo na provincia de Lugo, que se proxecta no mupi de San Marcos.
A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo destacou que “dende o Goberno Provincial traballamos por unha Deputación sumamente social e coas persoas, que defende a igualdade de oportunidades de todos os nosos veciños e veciñas. Por iso, queremos, xunto ás familias de Down Lugo, reivindicar e concienciar á cidadanía sobre as capacidades diferentes que temos todas as persoas por igual”.
O Executivo Provincial colabora coa Asociación Síndrome de Down Lugo cunha achega económica de 12.000 euros para a realización do programa de promoción da autonomía persoal e social co fin de que 27 lucenses con Síndrome de Down teñan unha vida máis independente fóra dos seus fogares. A través deste plan os usuarios, coa axuda de profesionais, aprenden e adquirir habilidades e coñecementos básicos para desenvolverse con autonomía tarefas de ámbito doméstico, como por exemplo facer a compra semanal, cociñar, poñer unha lavadora, etc.
Ademais deste plan, o Goberno da Deputación tamén colabora con Down Lugo no desenvolvemento e promoción de diferentes iniciativas, como campañas de sensibilización na cidadanía ou exposicións fotográficas.
Programación de actividades
A Asociación Síndrome de Down Lugo, coa colaboración do Executivo Provincial, organiza para este vindeiro mércores un percorrido polo centro da capital lucense, que comezará ás 20:30 horas, diante do Pazo de San Marcos, e rematará coa lectura dun manifesto na zona da Mosquera. Fano co obxectivo de visibilizar ás persoas e familias con Síndrome de Down da provincia de Lugo.
Down Lugo
A Asociación Síndrome de Down de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na provincia de Lugo, que integra a persoas con Síndrome de Down e ás súas familias. O obxectivo principal da asociación é a promoción e realización das actividades que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas con Síndrome de Down, a través da súa plena integración social. A Asociación foi creada no ano 1996 por iniciativa dun grupo de pais de persoas con Síndrome de Down, comprometidos coa procura de solucións aos problemas particulares que leva esta discapacidade.


















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



