Viveiro 25-3-18. Celebrouse en Madrid durante toda a semana o Campionato de Europa de Pista Cuberta de Veteráns, onde competiron tres atletas do club deportivo Egovarros-Viveiro, destacando José Rioseco, que se proclamou campión de Europa na proba dos 1500 metros cun tempo de 5:34, batindo o record de España, entrando por diante do atleta de Eslovaquia Vicent Basista ó que lle sacou 29 segundos. Rioseco dominou a proba dende o intre da saída ata a entrada na meta, este atleta está en posesión tamén do record do mundo dos 800 metros.
Os outros atletas do C.D.Egovarros-Viveiro que tamén participaron neste campeonato, foron: Esteban Rioseco, na proba dos 1500 metros, na que gañou a súa serie, acadando a décima sexta posición entre 53 participantes. A súa compañeira Susana Parguiña, tamén fixo unha boa carreira nos 1500 metros e nos 5 km de cross.
As vindeiras probas nas que tomarán parte atletas do clube viveirense, serán o Campeonato Galego de Milla en Ruta que se celebrará na localidade de Santiago e o Campeonato Galego de Maratón, que se celebrará na localidade de A Coruña.
