Alfoz 2-4-18. Coa intención de ofrecer unha mellor atención a todos os visitantes ao Castelo de Castro de Ouro e de dinamizar e promover todos os recursos turísticos cos que conta o Concello de Alfoz, a oficina de Turismo sita no propio Castelo permaneceu aberta nun horario especial durante a Semana Santa 2018.
Nos últimos días, a oficina de turismo de Alfoz recibiu preto de 500 visitantes, que puideron facer a visita o propio Castelo así como ver a exposición das Antigas Escolas Unitarias de Alfoz, a mostra Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo I e o Museo da Zoca.
En canto as procedencias, foron os turistas galegos os que máis visitaron o Castelo representando un 34% do total de visitantes. Pero o Concello de Alfoz recibiu visitas doutras comunidades autónomas, destacando Madrid, Castela León, Asturias e País Vasco. Por último mencionar as visitas internacionais procedentes de EEUU, Reino Unido e Alemaña.
Os datos recollidos confirman a liña de crecemento que está a seguir o tur ismo no concello nos últimos tempos. Ase mesmo, os aloxamentos turísticos confirman esta tendencia de aumento do turismo, achegándose a un 90% de ocupación durante esta Semana Santa 2018.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



