Viveiro a 3 de abril de 2018. Na comisión informativa de economía celebraba o pasado 28 de marzo para tratar o orzamento do 2018 – por certo unha semana despois de entregarnos o documento, co que tivemos moi pouco tempo para a súa revisión – , o noso grupo presentou ata 15 propostas para tentar de mellorar os presupostos, uns presupostos que chegan como de costume tarde e arrastro, xa que tiñan que estar aprobados antes do 31 de decembro de 2017 e, para non variar, chegan con tres meses de retraso.
Non obstante o noso grupo presenta estas propostas co animo de melloralos, aínda que con poucas esperanzas de que sexan tidas en conta si nos atemos os resultados destes últimos anos, xa que das presentadas no 2016 non se cumpliu ningunha das poucas que se nos aceptaran e nas presentadas para o 2017, nin tan siquiera se nos deu resposta.
A pesares disto o noso grupo volta a presentar unha serie de propostas encamiñadas a mellora dos presupostos e por conseguinte a mellora das condicións de vida dos nosos veciños. Estas propostas son:
1.Baixada do IBI para o 2019 reducindo o multiplicador local do 0,72 a un coeficiente menor – está entre os seis máis caros de Galicia -. O PP de Viveiro xa propuxera esta baixada nos preuspostos do 2016 para o 2017, nos do 2017 para o 2018 e voltamos a facelo novamente nos do 2018 para o 2019.
2.Elaboración dun Plan Plurianual, coa suficiente dotación orzamentaria, que de solución definitiva ás roturas das traídas da auga das distintas parroquias, dándolle prioridade a canalización de Xunqueira ata Landrove e que ven dando problemas dende fai anos.
3.Dotación económica para iniciar o plan plurianual de saneamento nas distintas parroquias que o necesitan, cumplindo así o aprobado na moción presentada polo noso grupo no pleno do 3 de maio de 2017.
4.Crear unha partida para a creación dun vivero de empresas, facilitando ós novos emprendedores un local e todo o necesario para o seu funcionamento.
5.Reducción da taxa por expedición de documentos nun 25%.
6.Dotación económica para impulsar un plan municipal de apoio á natalidade.
7. Cubrir as 6 plazas vacantes da Policía Local que figuran na relación de postos de traballo.
8. Cubrir a plaza de electricista dun xeito definitivo, xa que agora mesmo está cuberta dun modo eventual por un periodo de seis meses.
9. Creación da Comisión para a elaboración duns criterios obxectivos para adxudicar as axudas deportivas e culturais, tal e como se aprobou en outubro do 2014 e por unanimidade, a raíz dunha moción presentada polo PP.
10. No capítulo de inversións, elaborar un Plan de conservación e mantemento de pistas nas parroquias, que poderá facerse a través de convenios entre o Concello e as comunidades de Montes.
11. En inversións, facilitar o acceso a internet de alta velocidade nas parroquias.
12. Ampliación do Plan de sinalización de rutas de senderismo, puntos de interese histórico, natural, turístico…
13. Revisión dos complementos de productividade que se reparte dun xeito pouco obxectivo e as cantidades aboadas por este concepto, adicalas ó capítulo de inversións.
14. A previsión de beneficios de Aparcamientos A Mariña para este 2018, que se invirtan en aumentar os servicios, por exemplo no arreglo da máquina de lavados, o que sin dúbida aumentaría os ingresos.
15. Modificación da ordenanaza fiscal 37, reguladora da tasa pola prestación de servicios na piscina municpal, para que se inclúa na mesma a reducción dos precios nos cursos de auga para os colectivos menores de 16 anos e maiores de 60.
O sentido do noso voto neste Pleno de Presupostos 2018, virá marcado pola resposta que se nos de sobre as mesmas.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro




















Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939



