O que foi considerado o pai da caricatura política Arxentina , (o Cervense Xosé Mª Cao Luaces nado en Vila de Suso. O 13 de Decembro do 1862, o seu pasamento 27 de Xaneiro do 1918 en Lanús Arxentina). Fillo de Luís Cao Fernández, un artesano ceramista e de Francisca Luaces. Casou con dona Mª de Domenice tiveron seis fillos.
Xose Mª estudou as carreiras de maxisterio, comercio, aduanas e telégrafos. Dende moi novo interesouse polo debuxo.
Comezou a traballar na fabrica de Sargadelos onde traballaba o seu pai. Ingresou na fabrica de louza “ La Asturiana” en Xixón, como axudante de pintor.
De volta en Galicia dirixiu un taller de porcelanas e cristalaría na Coruña, colaborou en ensaios literarios en varias publicacións.
En 1886 emigrou a Bos Aires alí comezou a traballar de caricaturista nas rúas, en 1888 traballou nun taller de gravados, foi mestre nun colexio, e colaborou en varias publicacións, algunhas de moito prestixio como “El Sudamericano”, onde era encargado da sección de retratos. Foi contratado polo Director da revista Don Quijote, un español que coñecía ben a Cao.
Utilizaba o seudónimo de Demócrito I I . Os seus debuxos eran moi polémicos, mesmo estivo no cárcere, e ata tivo un intento de asasinato.
Fundou as publicacións, Caras y Caretas, El Eco de Galicia fundado en 1892, traballou para refundar o centro Galego de Bos Aires, en 1894 funda a revista El Cid Campeador.
Algunhas das súas caricaturas foron difundidas por América e Europa.
Luís Seoane dixo que a figura que el debuxaba estaba perfectamente modelada, Castelao pensaba e moitas veces en conversas contaba con que pracer miraba, primeiro na Arxentina e logo en Galicia os debuxos de Cao.
No ano 2008 a fundación Imago de Bos Aires organizou unha exposición, baixo o titulo “ La Argentina sin careta “ con douscentos orixinais de Cao, no ano 2009 patrocinado pola Xunta de Galicia percorre varias cidades Santiago de Compostela, Lugo etc.
Francisco E Maya Seoane























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



