Ribadeo, 18 de abril de 2018. O Concello mantén un diálogo fluído e aberto coa Xunta de Galicia para que a praia de As Catedrais siga a ser visitable, pero sobre todo para que siga a ser un lugar seguro. Ao alcalde ribadense, Fernando Suárez, parécenlle ben as últimas medidas informativas, recomendatorias e prohibitivas que está a implantar a Xunta no areal. O rexedor agarda que “se sigan a implementar instrumentos de ordenación para lograr que As Catedrais sexa un lugar que nos enorgulleza a todas e a todos”.
O alcalde ribadense declarou que “estamos a manter un diálogo fluído, sincero e aberto para que o areal siga a ser visitable pero, por riba disto, siga sendo seguro”.
Suárez Barcia lembrou que “este entorno está cualificado como monumento natural, e espazo protexido da Rede Natura 2000, polo que a conservación, a xestión e a planificación son competencia exclusiva da Xunta de Galicia. Máis con todo, como sempre dixemos, queremos colaborar e estamos a facelo para promover unha xestión racional deste espazo, tanto do monumento natural en si como do ámbito adxacente da súa contorna”.
O rexedor sinalou que “neste senso estas medidas informativas, recomendatorias e nalgúns casos prohibitivas parécennos ben porque son adoptadas precisamente para iso, para que siga a ser visitable pero que sexa o máis seguro posible dentro do que é un espazo natural tan singular como este”.
Fernando Suárez confía “en seguir traballando con esta disposición como o estamos a facer entre a Xunta, o Ministerio de Medio Ambiente e máis o Concello, e confiamos tamén que en vindeiras datas poidamos seguir avanzando na implementación de medidas e na aprobación de instrumentos de ordenación para lograr que As Catedrais sigan a ser un lugar que nos enorgulleza a todos e a todas”.




















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



