Santiago de Compostela, 25 de Abril 2018.- A deputada por Lugo, Olalla Rodil, reclamou á Xunta no Parlamento colaboración entre administracións, en particular co concello de Ribadeo, e que axilice os informes que faltan para poder aprobar este mesmo ano o Plan especial de protección das Catedrais, máxime tras o grave accidente que custou a vida a unha visitante durante a pasada semana santa, datas no que este enclave natural recibiu milleiros de turistas.
“As perdas persoais son irreparables, mais este accidente ten que servir para reflexionar, para analizar a xestión, a planificación, a protección e a conservación que se está a desenvolver deste espazo e cales deben ser as medidas a adoptar”, salientou a deputada nacionalista.
Rodil argumentou que As Catedrais son un espazo excepcional, único, protexido, catalogado como monumento natural, “pero se algo hai que ter en conta é que se trata dun espazo vivo, dinámico, cuxa visita conleva uns riscos e por iso non pode ser concibido, nin xestionado, como un areal convencional porque non o é”, alegou.
Neste sentido, e tras subliñar que o concello de Ribadeo xa asume integramente as súas competencias, que son a información turística, a limpeza e a dotación de socorristas, demanda da Xunta “que ordene o tráfico cun novo aparcadoiro, que fomente o transporte colectivo e público, o autobús e o FEVE, que cree un centro de visitantes no que informar e sensibilizar aos turistas arredor do espazo que van visitar, dos riscos e das precaucións que se deben adoptar”, reclamou a parlamentaria.
A deputada por Lugo subliñou igualmente que é preciso que o Goberno galego dispoña persoal “que desenvolva unha campaña informativa, que advirta dos riscos ao longo de todo o ano porque a praia das Catedrais non ten unha porta que se lle poida pechar”, alegou, ademais de reclamar medidas de seguridade para garantir unha “xestión ordenada” e a seguridade dos milleiros de visitas a este monumento natural e, ao mesmo tempo, garantir a conservación de todo o paraxe das Catedrais.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



