Lugo, 28 de abril de 2018. O Executivo Provincial vén de rematar as últimas probas de selección do Ben Empregado 4, máis social. Foron máis de 4.200 entrevistas as realizadas polos técnicos da Deputación aos 1.340 lucenses no paro que optan aos postos de traballo do Goberno Provincial. Son 185 os novos empregos que xera o Executivo da Deputación en outras tantas entidades da provincia a través da cuarta edición deste plan de emprego.
Nos vindeiros días publicaranse en http://benempregado.deputacionlugo.org/ e no taboleiro de anuncios da Deputación as puntuacións acadadas nas entrevistas e a listaxe definitiva dos lucenses seleccionados que se incorporarán aos 185 novos empregos nas próximas semanas. Todos estes beneficiados estarán un ano contratados nas empresas e colectivos da provincia, pois o Goberno da Deputación asume os custos laborais de todos estes desempregados.
185 novos postos de traballo
Dos 1.340 aspirantes a estes novos empregos xerados polo Goberno da Deputación co Ben Empregado 4, máis social, son 1.157 persoas as que concorreron á liña A1, na que 127 empresas buscan outros tantos perfís de diversas profesións. O Executivo Provincial financiará ao 50% os custos laborais dos traballadores durante un ano.
Outros 264 lucenses concorren á liña B1, dirixida a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Neste caso, 19 empresas ofrecen 19 empregos. No caso dos beneficiados desta liña, o Goberno da Deputación financiará ao 100% os custos salariais destes profesionais, fomentando a igualdade de oportunidades.
E por último, para a liña 2 foron 650 demandantes de emprego os que optaron aos 39 postos de traballo que demandan outros tantos colectivos sen ánimo de lucro da provincia e que recibirán o 90% da axuda da Deputación.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



