Ribadeo, 4 de maio de 2018. O Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para as actividades infantís e xuvenís de verán o vindeiro luns, día 7 de maio. No programa inclúense colonias, acampada e escolas deportivas.
Para as colonias e a acampada xuvenil o prazo de solicitude de prazas estará aberto do 7 ao 16 deste mes, o sorteo das prazas será o día 23 e o período para presentar o xustificante de pago empezará o 28 de maio e rematará o 8 de xuño. Para as escolas deportivas o prazo de inscrición comeza tamén o vindeiro luns.
As colonias de verán terán lugar no colexio Gregorio Sanz durante 4 semanas do mes de xullo e haberá tres grupos: para alumnos de Infantil; de 1º e 2º de Primaria; e de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
A acampada multiaventura é para rapaces e rapazas a partir de 12 anos de idade e celebrarase do 28 ao 31 de xullo no colexio Gregorio Sanz. Inclúe ademais unha excursión ao parque acuático de Cerceda.
Tamén se desenvolverán torneos de 3×3, fútbol, baloncesto e tenis de mesa para nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2011. Serán de luns a venres do 2 ao 13 de xullo na Praza de España e non é precisa inscrición.
Ademais haberá escolas deportivas de surf, vela, remo, rugby praia, piragüismo e pesca.
Os interesados poden obter máis información e recoller os impresos na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadeo, que está na Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero, número 15, ou chamando ao teléfono 982.129.889.
Na programación infantil e xuvenil de verán do Concello de Ribadeo tamén se inclúen catro actuacións culturais que haberá no parque de San Francisco os días 24 e 27 de xullo, 14 de agosto e 1 de setembro.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



