Mondoñedo, 4 de maio de 2018.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou esta mañá na presentación do proxecto Rebinxe (Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural), deseñado polo departamento de Bioloxía do IES San Rosendo e levado a cabo polo alumnado que cursa esta materia en primeiro de Bacharelato. Rebinxe inclúe a posta en marcha dunha serie de accións coas cales tanto os agricultores e gandeiros así coma o medio ambiente e os ecosistemas da contorna sairán beneficiados.
A presentación do proxecto tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello de Mondoñedo e ademais da alcaldesa, tamén participaron os alumnos de primeiro de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, así como a directora do IES San Rosendo, María José Cuesta e o mestre do departamento de Bioloxía, Óscar Chao Penabad.
Ademais do Concello de Mondoñedo e do IES San Rosendo, no proxecto tamén colabora a Sociedade Galega de Ornitoloxía e Morcegos de Galicia, ademais de que conta coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Actuacións
Este proxecto levarase a cabo durante os vindeiros anos e con el búscase a participación non só da comunidade educativa, senón tamén a implicación de toda a veciñanza de Mondoñedo e doutros concellos da comarca onde o medio agrícola-gandeiro é protagonista para así mellorar a situación do agro.
Para dar a coñecer este proxecto, dende o departamento de Bioloxía xunto co alumnado desta materia editarán e repartirán un
folleto divulgativo no que se explique en que consiste o proxecto así como as vantaxes do control natural de pragas e dun agro diverso, e onde se poderá atopar unha guía de boas prácticas para conseguilo. Con estas medidas os agricultores poden evitar riscos para a súa propia saúde, a do medio, obter melloras na produción dos cultivos, aforrar custos e loitar máis eficazmente contra as pragas. O folleto explica como poden colaborar con Rebinxe e os medios de contacto.
De igual xeito, tamén se prevé a realización de charlas e parladoiro onde se dará a coñecer a actividade e como participar neste proxecto. Nas vindeiras datas achegarase máis información sobre os días nos que se celebrarán estes encontros.
Características de Rebinxe
– Un dos seus piares é o control natural de pragas empregando os depredadores naturais e evitando o uso de biocidas. Así, levarase a cabo a construción e instalación de caixas niño e refuxios para especies moi eficaces no control de pragas de roedores e insectos (curuxas, mouchos, páridos, morcegos…) e explicarase como favorecer a presenza doutras aves, mamíferos, réptiles e anfibios. Os beneficios desta fauna auxiliar son moi grandes, tanto a nivel de aforro en tratamentos químicos coma o aumento da produción de cultivos.
– Para realizar medidas de xestión e conservación destas especies é necesaria información sobre a súa bioloxía, distribución, lugares de cría, etc.. Para obter estes datos necesitarase a colaboración cidadá. Deste xeito, realizarase un mapa empregando ferramentas web para representar toda a información que chega da veciñanza e familias do alumnado e levarase a cabo a propia búsqueda mediante rastrexo e cámaras de fototrampeo con luz infravermella.
– Buscarase rachar con mitos, lendas e falsas crenzas que recaen sobre algúns destes animais e que dificultan a súa conservación. A divulgación é fundamental.
– Traballarase na mellora do hábitat e condicións da curuxa (Tyto alba), escollida coma ave do ano pola SEO, e obterán datos de interese desta especie, cuxas poboacións están en retroceso alarmante.
Máis sobre o proxecto
En resumo, Rebinxe é un proxecto de traballo colaborativo a medio prazo, onde se promove a concienciación cidadá e no que participará a veciñanza de Mondoñedo e concellos dos arredores. A idea é “a de colaborar diferentes xeracións cun fin común: recuperar a diversidade no hábitat agrícola, ademais de provocar que se senten a falar xuntos sobre o pasado, presente e futuro do noso campo; e volver a ver un agro diverso recuperado de décadas de tropelías, converténdoo nun valor engadido máis para ter de novo aldeas e vilas cheas de xente que poida e queira vivir nelas”, explican dende o departamento que impulsa o proxecto.
Para máis información ao respecto, ademais de asistir aos parladoiros e charlas que se anunciarán nos vindeiros días, tamén se pode visitar a páxina de Facebook (“Proxecto Rebinxe”).






















A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.



