O día de Santa Rita, patroa da Administración Local, será celebrado como día patronal dos empregados públicos locais o vindeiro venres, 25 de maio, coincidindo coa data na que esta festividade se celebra a nivel provincial; por este motivo, o concello permanecerá pechado. As persoas interesadas en rexistrar documentos para a Xunta de Galicia e organismos dependentes poderán dirixirse á Delegación Territorial de Pesca, sita en Avda. Ramón Canosa (Celeiro).
Santa Rita no Concello de Viveiro
-
Anterior
Nas praias de Ribadeo traballarán 23 profesionais, entre socorristas e técnicos sanitarios, este verán. 16 custearanse con fondos propios e tan só 7 pola Xunta. Suárez Barcia amósase decepcionado, xa que verbalmente houbo compromiso por parte do goberno galego, pero agora non parece plasmado por escrito




















Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



