RIBADEO (FNC) .- Ribadeo Estación Náutica distribuíu en Madrid 3.000 catálogos deste destino turístico especializado en deportes e actividades no mar na caseta da Asociación Española de Estacións Náuticas e no da Mariña lucense en Turgalicia. O balance que fan os seus responsables é positivo porque o catálogo tivo moita aceptación entre os visitantes que se achegaron a devanditas casetas en busca de información.
Ribadeo Estación Naútica acudiu o ano pasado ás feiras celebradas en Barcelona, Madrid, Bilbao, Valladolid, Vigo, Reino Unido, Alemaña, Francia e Portugal. Neste 2.010 acudirán aos mesmos certames e estarán tamén presentes nos de Benelux, Países Nórdicos e do Leste e Italia. Ribadeo promocionarase así mesmo no novo portal da AEEN, financiado a través do Plan Avanza do goberno e no que a finais do presente ano haberá ao redor de 9.000 produtos.
O presidente de Ribadeo Estación Náutica, Gervasio Cao, forma parte da nova xunta directiva da Asociación Española de Estacións Náuticas. A elección, cambio de presidente e renovación de dita xunta produciuse no transcurso da asemblea xeral que se celebrou en Madrid o pasado 19 de xaneiro e á que asistiron representantes de 20 destinos turísticos especializados en deportes e actividades no mar. A asemblea realizouse en Madrid aproveitando a participación da AEEN en Fitur. Tres novas candidaturas: Bahía de Cádiz, Ceuta e Roses incorporáronse a devandita asociación que está xa formada por 30 estacións náuticas.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



