O Valadouro 15-6-18. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ( UMAR) volverá colocarse o vindeiro martes 19 de Xuño no Centro de Saúde do Valadouro, en horario de 11 a 13 horas, seguindo co programa que ven desenvolvendo de acudir aos Centros de Saúde da comarca os terceiros martes de cada mes.
A mesa informativa da UMAR ten como obxectivo informar a profesionais e usuari@s de todas aquelas dúbidas que poideran ter en relación á asistencia sanitaria, derivacións cara a outros centros públicos ou privados, tempos de agarda excesivos para consultas , probas diagnósticas ou intervencións, incumprimentos da nova lei de garantías sanitarias ou calquera outra cuestión que desexen consultar.Tamén se prestará axuda na redacción de reclamacións e no rexistro das mesmas.
A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca e anima a tod@s aqueles vecinos e veciñas dos Concello de Alfoz e Valadouro que así o desexen ou precisen a achegarse ate alí desde as 11 horas ate as 13horas onde se informará sobre todas estas cuestións e se lles prestará toda a axuda que precisen. Do mesmo xeito , facemos un chamamento a tod@s aquel@s veciñ@s do Valadouro e Alfoz que estiveron a recoller sinaturas para reclamar un servizo de pediatría na zona , a que se acheguen ate esta Unidade Móbil para poner a súa reclamación por escrito.