Viveiro 20-6-18. O concello remitiu a Portos de Galicia e ao Instituto Social da Seguridade Social dous escritos solicitando que durante o período estival se autorizase o uso das explanadas do porto deportivo e do casino, por un lado, e da explanada situada ao lado de Correos, polo outro, para seren utilizadas como aparcamento. Tal e como se indicaba nas solicitudes, durante os meses de xuño, xullo e agosto o Concello de Viveiro incrementa notablemente a súa poboación e o número de visitantes, polo que se fai necesaria habilitar máis zonas de estacionamento. Dende o Concello, agárdase que estas solicitudes sexan resoltas favorablemente en beneficio deste municipio.
O Concello de Viveiro pide a Portos e ó Instituto da S.S. que permitan aparcar en verán
O Concello de Viveiro pide a Portos e ó Instituto da S.S. que permitan aparcar en verán
Relacionado
-
De Olano: “É unha tomadura de pelo aos mariñáns que o Goberno de Pedro Sánchez teña paralizado o proxecto da A-74 que leva cinco anos en redacción”
-
Falando de Paxaros presentará as súas actividades de ecoturismo en Ribadeo ás empresas asociadas a Acisa
-
Máis de 30 preparacións diferentes pódense degustar ata o domingo nas I Xornadas da Xarda de Ribadeo