Viveiro, 29 de xuño de 2018. O Mércores 4 de xullo de 2018 dará comezo o campamento municipal de verán que se instalará no Pavillón do IES Vilar Ponte durante os vindeiros dous meses, finalizando o 31 de agosto. Por problemas coa documentación non é posible comenzar o lunes día 2 de xullo.
Este servizo prestarase de luns a venres, de 8.30 a 14:00 horas, intentando, facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais. O campmento municipal está destinada a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 anos e os 12 anos e ofrécese de xeito gratuíto para os nenos empadroados no Concello de Viveiro.
O campamento municipal estará a cargo de profesionais con titulación no ámbito da educación infantil, monitores-as de tempo libre e coñecementos de primeiros auxilios.
As prazas son limitadas, ata completar o aforo, e podendo inscribirse ata o luns día 2 de xullo aportando a documentación correspondente.
Cómpre salientar, finalmente, que este servizo é unha das aposta importantes deste equipo de goberno que, continúa investindo para facilitar un servizo que considera esencial dende o punto de vista da educación, da diversión, do entretemento, do ocio e, sobre todo, da conciliación familiar.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



