Hai días, ao escrebirmos sobre a decisión do Tribunal Superior de Schleswig Hollstein rexeitando extraditar Puigdemont polo delicto de rebelión, manifestei que o Plan A do maxistrado Llarena era retirar a euroorde, mais consideraba que non a ía retirar en último de contas, polo desprestixio que unha tal decisión xeraría na imaxe exterior da xustiza española, que ficaría a níveis de Zimbabwe, cando non da Somalia.
Semella que considerei no maxistrado Llarena unha ansia profesional que non ten. Porque non só anulou a euroorde de Puigdemont, senón as de Clara Ponsati na Escocia, da secretaria xeral de ERC Marta Rovira, na Suiza e máis a de Meritxell Serret, Lluis Puig e Antoni Comín no Tribunal de Bruxelas. É dicir, todas estas persoas fican con total liberdade de movementos agás no Estado español, onde paira sobre todos eles unha orde de detención cinguida só ao seu territorio.
Llarena decide todo este balbordo porque quere poder xulgar por rebelión a todos os acusados que están no cárcere preventivo. O que sería imposíbel se os Tribunais de Bruxelas, Edimburgo e Xenebra seguen o ronsel do Tribunal de Kiel e din que a rebelión e a sedición só existe no miolo de Llarena e doutros maxistrados do TS e da AN.
Claro é que Llarena como maxistrado ten a obriga de perseguer calquera delicto alí onde estea o presunto autor do mesmo. Retirar as euroordes constitúe unha aberta vulneración desta obriga legal e a posíbel comisión dun delicto penado no artigo 408 do Código Penal (CP). E, sobre todo, ratifica unha pescuda xudicial non obxectiva ni imparcial, que non percura a verdade senón o castigo e que amosa que o maxistrado Llarena non respecta ferramentas de colaboración entre o Estados de Dereito da UE como as euroordes.
Senón o tipo penal de omisión na persecución de delictos do artigo 408 CP, o maxistrado Llarena incorre nun grave e manifesto abuso de Dereito, ao emitir (novembro de 2017 e marzo de 2018) e retirar (decembro de 2017 e xullo do 2018) euroordes de detención só en función dun concreto resultado da investigación penal que dirixe: garantir un castigo “á carta” dos líderes soberanistas cataláns, no canto de garantir a verdade material que ha perseguer todo xuiz dun Estado de Dereito.



















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



