Burela, 23 de xullo de 2018. A Concellería de Medio Ambiente inicia este luns unha campaña de sensibilización nas praias co obxectivo de que os usuarios manteñan os areais o máis limpos posible.
A edil Noelia Mª Ben explica que “consciente da importancia e necesidade de manter limpo o litoral comezamos hoxe unha campaña de sensibilización nas praias que, baixo o lema Que o que volva ás nosas praias sexas ti, concienciará aos bañistas da necesidade de manter os areais e augas limpas. Con esta campaña lembrarémoslles aos usuarios que deben recoller o lixo que xurda durante a súa xornada de praia, e que teñen á súa disposición nos propios areais distintos contedores para facilitar a reciclaxe dos residuos”.
A concelleira de Medio Ambiente sinala que “esta campaña levarase a cabo en distintas datas ao longo do verán nas praias do noso concello, e serán as monitoras de Gaia as encargadas de explicar a aqueles que se acheguen ao punto informativo as claves dunha correcta separación de residuos, indicando qué tipo de contedor é o axeitado para cada residuo xerado, despexando todas as dúbidas que poidan ter os usuarios”.
Esta tarde o punto informativo estará situado na praia de Portelo dende as 16:30 ata as 19:00 horas. Noelia Mª Ben engade que “todas as persoas que colaboren cubrindo unha pequena enquisa recibirán un agasallo que lles axudará a manter as praias limpas. Este tipo de campañas de concienciación son moi necesarias e xa pensamos en facer outra proximamente sobre a recollida dos excrementos dos cans, outro dos grandes problemas medio ambientais que detectamos en Burela”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



