NOTA DE PRENSA
O Bloque Nacionalista Galego considera de importancia transcendental polo impacto que vai ter na Costa de Lugo o Plano de Ordenación de Litoral que aprobou o Consello da Xunta e que está a remitir ao conxunto dos Concellos da Comarca para que proceda a efectuar as alegacións que consideren oportunas. Segundo afirmou Veiga “ a importancia deste documento provén polo número de Concellos aos que afecta, a todos os costeiros, máis aos do Valadouro e a Trabada, pola cantidade de solo que ordena, o 2,59% do total da provincia que representa 24.815 hectáreas ou o que é equivalente a extensión de 24.455 campos de futebol”.
Os nacionalistas consideramos que o PP falta a verdade cando afirma que este Plano non clasifica solo, abonda con votarlle unha ollada á normativa do POL e concretamente aos seus artigos,34, 35 e 36 nos que establece taxativamente a imposibilidade de calquera uso residencial, isto é edificar, no que se define como áreas de protección e das áreas de mellora ambiental. O Responsábel Comarcal do BNG anunciou “que 9522 hectáreas de solo na Mariña quedan invalidadas para o uso residencial ou o que é mesmo que nesa enorme bolsa de bolso non se vai poder edificar. Neste caso como noutros a verdade só ten un camiño e a prohibición de edificar establéceno de xeito claro os art. 34,35 e 36 do POL”
A maiores os nacionalistas indicaron que estas 9522 hectáreas correspondese con importantes bolsas de solo urbanizábel que na Comarca da Mariña representa unha porcentaxe de 6070 hectáreas de solo urbanizábel cuxo desenvolvemento urbanístico fica hipotecado. O Portavoz do BNG denunciou “que a prohibición dos usos residenciais en solo urbanizábel se realiza sen atender a ningún criterio, é máis faise desde unha perspectiva absolutamente discrecional sen atender ao carácter regrado que debe ter a clasificación do solo. Non é explicábel que no Concello de Foz se prohiba edificar en 117 hectáreas de solo urbanizábel e no Concello de Viveiro a limitación no urbanizábel se limita a 4,62 hectáreas ou que no Concello de Cervo se prohiba edificar en 120 hectáreas de solo urbanizábel e no Concello de Xove a limitación no urbanizábel limitase a 0,39 hectáreas.” Segundo Veiga unha análise detallada do POL permite comprobar que o tratamento desigual que lle dan a realidades urbanísticas homologábeis até o punto de que “Non hai lugar a dúbida que este documento establece un urbanismo a carta en función do cliente, polo que sería bo que o PP nos dixese se avala estas prohibicións nos diferentes Concellos da Mariña”.
Veiga criticou a dobre linguaxe que utiliza o PP na oposición e no goberno, e máis concretamente en relación coa coñecida coa lei dos 500 metros. “Non deixa de ser curioso que o PP levase adiante toda unha campaña de insidias afirmando que o bipartito pretendía prohibir a edificación por baixo da franxa dos 500 metros, algo que era absolutamente falso, e agora sexan eles xa non só os que prohiben construír na mesma senón que elevan a prohibición máis arriba dos 500 metros como por exemplo en Barreiros que fixan 972 hectáreas por riba dos 500 metros, ou en Foz que a sitúan en 568 hectáreas por riba ou en Foz que a fixan en 47 hectáreas”, afirmou o Portavoz Nacionalista.
O Bloque Nacionalista Galego criticou que este Plano vai aumentar a inseguridade xurídica no conxunto dos Concellos da Mariña e vai paralizar todo o proceso de tramitación do Planeamento que se está a levar adiante. A este respecto Veiga fixo referencia ao art.3 do POL no que se fai referencia a que só se permite edificar no solo urbano consolidado e no de núcleo rural até que non se adapten planeamento local ao POL “cando foi precisamente o feito de que se descoñeza en todos os Concellos da Mariña, agás en Vicedo, cal é o urbano consolidado e o solo de núcleo o que xerou o conxunto dos litixios urbanísticos na Comarca da Mariña” explicou Veiga quen criticou que esta Plano implica a paralización dos planeamentos en tramitación “ A normativa do POL tamén neste aspecto é clara, o conxunto dos PXOM teñen que adaptarse ao POL, polo que o traballo iniciado en moitos Concellos vai haber que modifica-lo de arriba abaixo” rematou Veiga.
Xa por último os nacionalistas consideran necesario diante da aprobación dun instrumento de ordenación territorial fundamental para un Concello costeiro como é o POL necesidade de vontade política que pase por entender a elaboración do planeamento como un proxecto colectivo que garanta a participación dos particulares, que entenda o urbanismo como unha disciplina de carácter transversal que afecta ao conxunto das esferas locais e de xeito moi particular á calidade de vida, que sitúe o público e a defensa do interese xeral como principio rector da política, que desenvolva a ordenación do territorio facendo efectivo o reparto de cargas e beneficios, que non clasifica solo atendendo a criterios de mercado ou do parcelario senón en función do interese xeral e que dea resposta aos problemas centrais dos administrados.
Neste sentido desde o BNG solicitaron que os Concellos poñan en marcha comisión de estudio deste documento de ordenación territorial, a fín de que as propostas dos Concellos permitan modificar, o documento e tamén para dar participación aos veciños que deben de ser informados en que medida lles afecta. “Agardamos do PP, e particularmente dos seus cargos locais, altura de miras suficiente e disposición a antepoñer os intereses dos veciños aos dos seus compañeiros do Goberno Galego. Aquí o que está en xogo é favorecer o desenvolvemento da Mariña ou a súa hipoteca definitiva. É necesario logo un posicionamento claro que modifique o actual deseño do POL, no que A Mariña xoga o papel periférico, fronte a outras áreas de Galiza. Non pode haber un trato para a costa que vai de Ribadeo a Corcubión e outro tratamento para o tramo de costa que vai de Corcubión a Tui” sentenciou Veiga.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



