Lugo 31, agosto, 2018. O Grupo Provincial do PP denuncia a intención da Deputación de Lugo de encarecer en case 300 euros ao mes cada praza nas residencias de maiores que proxecta abrir. Así, no estudo de viabilidade e memoria económica-financeira asociada para determinar os prezos dos servizos a prestar nos centros de persoas maiores que vén de encargar o Goberno provincial do PSOE fíxase un custo base por praza de 1.390 euros ao mes por usuario, mentres que o plan existente do ano 2015 establecía este importe en 1.100 euros por mes e usuario.
Os populares non só advirten deste encarecemento das prazas de maiores na provincia que pretende o PSOE, senón que critican tamén que a Deputación de Lugo opte por un modelo de xestión máis caro que avoga por externalizar o máis importante, aos coidadores dos nosos maiores. A xestión directa será con persoal propio solo na dirección, actividade sanitaria, mantemento e subministros, mentres que se decantan pola selección dun operador privado a través dun contrato de servizos para as labores de atención xerontolóxica e servizos complementarios de perruquería, podoloxía, cociña, lavandería e limpeza e transporte do centro de día.
O estudo fala de xestión directa, pero realmente os socialistas externalizan o máis importante, como pode verse no seguinte cadro elaborado pola empresa. O PSOE pretende así enganar á cidadanía ao dicir que opta pola xestión directa e, en cambio, externalizar parte dos servizos, ademais de encarecer os custos por praza.
Desde xeito, o Goberno do PSOE renuncia á contratación do persoal seleccionado no ano 2015 ao optar por un operador privado mediante un contrato de servizos. Desde o Grupo Provincial do PP pídenlle ao presidente responsabilidades ante este decisión que dá definitivamente as costas aos traballadores seleccionados aos que xa naquel entón se lles prometeu que comezarían a traballar a finais de ano (2015) nas residencias de Castroverde e A Fonsagrada, como pode verse nas bases publicadas no BOP daquela data. Cómpre recordar que, 3 anos despois, estes centros seguen pechados e as persoas seleccionadas continúan á espera.
Pagan 18.000 porque lles propoñan un modelo máis caro
Así as cousas, desde o PP lamentan que a Deputación de Lugo gaste más de 18.000 euros na contratación dunha empresa privada para o proxecto de prezos do servizo a prestar nos centros de atención a persoas maiores de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil, que só vén a propor un encarecemento moi significativo das prazas para os maiores da nosa provincia.
“As residencias seguen consumindo recursos públicos pese a estar pechadas, propoñen uns prezos máis caros e abandonan aos traballadores que pasaron as súas probas de selección mentres os alcaldes do PSOE miran para outro lado e aceptan estas condicións tan prexudiciais e non podemos permitilo”, explican os populares. Desde o PP defenden que usuarios e concellos deben coñecer o propósito da Deputación de Lugo para poder actuar en consecuencia e frear este despropósito. O Grupo Provincial do PP estudará facer alegacións ao modelo proposto desde a Deputación de Lugo para que non se externalice aos coidadores e respectar os dereitos que teñen adquirido as persoas seleccionadas.
As prazas poden aumentar de prezo
O mesmo estudo contempla un incremento das vendas anuais nas residencias dun 2%, que poderían vir derivadas de dous conceptos. Por unha banda, o incremento das tarifas para satisfacer polo usuario, de maneira que de novo se encarecerían as prazas, ou o incremento das vendas a través de servizos complementarios. Ambas fórmulas volverían encarecer o prezo para os usuarios.
Saúdos, Gabinete de Comunicación

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



