Burela 16-9-18. Mujeres En Igualdad Burela, aproveitou a sua participación durante estas xornadas, para a divulgación da campaña de prevención da Violencia de Xenero da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia que leva por Nome:”Á Violencia de Xénero Dille…Non”‘ e que fai fincapé na prevención da Violencia de Xenero entre os adolescentes, moi vulnerables a sufrir está lacra social, xa que os casos aumentaron moi considerablemente nas franxas desta idade. “O ciberacoso, o sexting, o bullying…demostran, que a mistura do mal uso das redes sociais xunto a idade temperá, son un perigroso cóctel explosivo qu mostran a importancia da divulgación e da información preventiva dentro desta franxa de idade.
“Os centros de ensino, os medios de comunicación e tamen os responsables das redes sociais, teñen que tomar máis consciencia da importancia da prevención de calquera tipo de violencia que se pode exercer por medio das redes sociais con máis xornadas, talleres e campañas de prevención orientadas ao uso responsable das propias redes entre a adolescencia.” Manifesta Mary Fraga, presidenta da asociación Mujeres En Igualdad Burela.
