Cervo 16-9-18. O día 25 de Agosto de 2018 desapareceu na zona de Rueta, Cervo, un veciño do municipio. No momento que os seus amigos e familiares se deron conta dá sua desaparición presentaron a denuncia por desaparición e iniciouse o dispositivo de procura e rescate.
Avisouse ao GES de Cervo, en teoría, e tal e coma o venden o Alcalde Villares e o seu responsable Mario Antuña, un grupo de elite moi ben dotado materialmente e humanamente.
Co inicio da operación de rescate empezou a sair a superficie a realidade. En primeiro lugar o gravísmo feito de que había unha soa persoa de garda no GES cando e obrigatorio que haxa dúas persoas. Ao parecer hai persoal de baixa e non existe bolsa de traballo xa que non hai cartos para iso no concello de Cervo, pero con todo sobran cartos para festas.
Non queda aí o desastre sinon que chegados a Rueta co material do GES de Cervo este non estaba en condicións para o traballo. Leváronse 14 lanternas dás cales únicamente funcionaban 5 estando o resto viciadas. Do mesmo modo mangueiras e resto do material están defectuosos e non pódese empregar con seguridade.
Acudiron de forma voluntaria ao rescate outros 3 membros de Ges de Cervo, un deles cun can adestrado por el mesmo cos seus cartos , outro afortunadamente amigo do desaparecido e coñecedor dás suas rutas de paseo por Rueta e un terceiro que de forma totalmente voluntaria e profesional acudeu sen dubídalo. Co membro de garda, 4 efectivos do GES de Cervo.
Todas estas limitacions , coñecidas polo señor Alcalde e o responsable do GES de Cervo, dificultaron sobremaneira o rescate, tendo que recurir os voluntarios achegados a zona as lanternas dos seus móbiles para poder alumarse nas tarefas de rastrexo. Por se fose pouco a lancha de Salvamar levaba mais dun mes en parada e o helicóptero de Pesca estaba en parada técnica, polo que tivo que acudir o helicóptero de Helimer dende a Coruña. Obviamente esto último non e culpa do señor Alcalde.
Por se fose pouco, ainda que Villares vendeunos que os drons chegaron pero non fixeron falta, ditos Drons non estaban.
Non acaba aí a pesadela dás forzas de rescate, que non dispoñen nin de roupa para o seu traballo, sen traxes completos de parque ou intervención, sen a roupa que lles deben de dar cada 2 anos, con 5 cascos para 11 persoas, SEN CURSOS DE FORMACIÓN OBRIGATORIA que non lles financia o Concello de Cervo, etc…… pero claro, para as cousas importantes non hai cartos, pero para festas, publicidade nos medios e fotos para a promoción persoal do alcalde si que hai cartos.
Ao final a operación de rescate chegou mais ou menos a bon porto, e digo mais ou menos xa que seguramente se tardou mais tempo do necesario en atopar ao noso veciño e xa sabemos que en estes casos unha hora, un minuto ou segundos son vitáis para a sua recuperación e auxilio.
Localizouse ao accidentado grazas aos 4 menbros do Ges, un de garda e tres voluntarios que poideron acudir, grazas a colaboración dun can adestrado sen cartos públicos pola profesionalidade do seu doo, grazas aos veciños familiares e amigos que acudiron e rastrexaron coas luces do seus móbiles porque non había lanternas en condicións, grazas a profesionalidade dos membros do GES de Cervo que seguen a traballar sen os medios necesarios….
Estivemos a piques de perder a un veciño de Cervo ( coma se fose de outro municipio) porque non hai cartos para o realmente importante, pero si que hai cartos para festas e festas, para promoción persoal do Alcalde en todos os medios, para inauguracións innecesarias.
Dende aquí desexolle ao accidentado un pronta e boa recuperación, acompaño a familia nestes difíciles momentos e pídolle aos veciños do Concello de Cervo que abran os ollos e que vexan o que realmente e necesario nun Concello e para que son necesarios os cartos. Maña podería ser o teu fill@, o teu irman, a tua irmá, a tu nai, o teu pai, o teu abó, o teu amigo dá alma, o teu veciño, etc….
Agradezo de corazón a todos os membros do GES de Cervo a sua profesionalidade e móstrolle o apoio incondicional por parte de Compromiso por Galicia Cervo nas suas demandas fronte ao Concello de Cervo, e espero unha pronta legalización dá sua situación laboral. Orgulloso do voso traballo.
Jose Luís Moñita Martin
CxG Cervo


















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



