Nota de Prensa
OS SOCIALISTAS RECLAMAN NO PARLAMENTO MELLORAS PARA PROCEDER A LICITACIÓN DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E MELLORA DA LU-124
– Piden que se invistan 2 millóns de € neste ano 2010 e a mesma cantidade nos seguintes, có obxecto de que esta infraestrutura de comunicación estea rematada e conectada coa autovía do Cantábrico no horizonte de 2013.
-Lembran o sentir unánime dos catro Concellos mediante as respectivas mocións plenarias que acordaron instar a Xunta de Galicia a realización destas obras
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista, Pablo López Vidal , xunto con Ismael Rego e Ricardo Varela rexistraron diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclaman melloras para proceder a licitación das obras de acondicionamento e mellora da LU-124. O socialistas piden que se invistan 2 millóns de € neste ano 2010 e a mesma cantidade nos seguintes, có obxecto de que esta infraestrutura de comunicación estea rematada e conectada coa autovía do Cantábrico no horizonte de 2013.
Na iniciativa rexistrada reclaman acometer obras de acondicionamento e mellora nesta estrada que presenta serias dificultades para unha mobilidade segura e áxil. É preciso acometer as obras que melloren o seu trazado e que nun horizonte temporal razoable poida ser o eixo de comunicación destes concellos coas redes transeuropeas de transporte que se están executando na nosa comunidade autónoma.
Sinalan tamén que esta infraestrutura de comunicación vai vertebrar esta catro concellos e a unha poboación de máis de 12.500 persoas que neles habitan. Pero tamén pode significar unha aposta clara pola Galicia interior, polo reequilibrio territorial e polo impulso decidido por unha zona do noso país que ven padecendo serias tensións demográficas.
Argumentan que os cidadáns de A Pontenova, Riotorto, A Pastoriza e Mondoñedo teñen dereito a disfrutar dun vial cómodo e seguro que lles permita conectarse entre si con normalidade e tamén acceder as grandes vías de alta capacidade que atravesan o interior de Galicia e nos enlazan tamén có exterior.
Lembran tamén o sentir unánime dos catro Concellos mediante as respectivas mocións plenarias, acordaron instar a Xunta de Galicia a realización destas obras, é polo que o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



