Mondoñedo, 29 de setembro de 2018. O presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, xunto á alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, ao alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a outros membros da Corporación deste municipio pontevedrés, presentaron este sábado, na Casa do Concello, a ampla programación das San Lucas; as festas máis antigas de Galicia.
Deste xeito, a asociación e a rexedora mindoniense continúan co periplo iniciado en Mondoñedo, e onte en Betanzos, de dar a coñecer esta cita nas sete cidades que foron capitais de provincia do Antigo Reino de Galicia. Por tanto, Tui é a terceira cidade que acolle a presentación destes festexos que, nesta ocasión, ao remate da mesma, contou coa interpretación de dúas pezas por parte do grupo Santa Columba de Ribadelouro que tamén tocará na festas mindonienses.
A alcaldesa de Mondoñedo agradeceu publicamente a acollida da Corporación de Tui, ao tempo que, aproveitou a ocasión, para convidar a todos os veciños desta localidade á cita festiva que se celebrará dende o 17 ao 21 de outubro, pois, segundo destacou, “ademais de coñecer a nosa cidade, a nosa xente, a nosa cultura, a nosa gastronomía…. é unha extraordinaria oportunidade para compartir e aumentar os lazos históricos que nos uniron noutrora”.
Neste senso, os integrantes da asociación organizadora, arroupados pola rexedora, continuarán nos vindeiros días a quenda de presentacións en Santiago, A Coruña, Lugo e Ourense, completando así as sete cidades que foron capitais de provincia durante a Idade Media.
Programa
O programa, tal e como explicou Miguel Souto, pretende chegar a todos os públicos combinando tradición e modernidade. O pregón correrá a cargo do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e terá lugar o mércores 17 ás 20:45 horas. López realizou os seus estudos no seminario e no instituto San Rosendo de Mondoñedo.
Entre as actividades atópase a celebración dun dos principais espectáculos de doma nocturna, o primeiro que se alberga en Galicia. Este espectáculo desenvolverase na feira máis antiga de Galicia e no marco incomparable da Praza da Catedral, en fronte do monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Este primeiro espectáculo de doma nocturna que se celebra en Galicia terá lugar o día grande das Feiras e Festas de As san Lucas, o 18 de outubro, ás 21:00 horas na Praza da Catedral. Poderase ver un segundo pase o día 19, tamén ante o monumento declarado Patrimonio da Humanidade, nesta ocasión, ás 21:30 horas.
A programación recolle ademais, entre outras moitas citas, a tradicional chegada dos cabalos polas rúas empedradas da cidade ata a feira e o seu paso pola Praza da Catedral, que será retransmitida por unha pantalla xigante, a actuación de Quico Cadaval, o encontro folclórico, teatro, un concurso de andadura galega, morfolóxico de cabalos e de trote, demostracións de ferrado e forxa, a segunda xuntanza de tractores clásicos e a homenaxe a Pascual Veiga.
Música
No eido musical, haberá actuacións de diferentes grupos e orquestras, como a Panorama o día 17, Compostela e Satélites o 18, París de Noia e Principal o 19, La Favorita e Israel o 20 xunto co grupo Extra e Palladium o 21. O broche de ouro porao o concerto de Carlos Núñez no interior da Catedral de Mondoñedo o domingo 21 ás 20:00 horas.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



