A Pontenova, 25 de outubro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé rematar neste ano as obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-124 entre Riotorto e Vilameá (A Pontenova), para as que destina un orzamento de máis de 604.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, estivo esta mañá na travesía de Recesende para comprobar a marcha dos traballos e explicou que de seguir ao ritmo actual e se as condicións climatolóxicas son favorables, poderá quedar rematada antes de finalizar o 2018. Segundo o calendario previsto, a principios de novembro rematará a extensión do novo aglomerado e comezará a sinalización e demais actuacións complementarias.
Balseiro salientou que a actuación neste treito completará a rehabilitación da LU-124, que conecta os concellos de Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova, ademais de dar acceso á autovía A-8 a estes municipios e ao da Pastoriza.
As obras que están en marcha desenvólvense entre os quilómetros 23+040 (á saída da travesía de Riotorto) e 29+550 (final da estrada en Vilameá, na intersección coa estrada N-640). Consisten na extensión dunha nova capa de rodaxe en toda a sección. Neste tramo están incluídas as travesías de Recesende e Vilameá.
O proxecto prevé actuacións complementarias para mellorar a seguridade, mediante o reforzo da sinalización vertical, a substitución dos postes das barreiras de seguridade e a colocación de novos tramos de sistemas de contención. A obra inclúe a construción de cunetas de formigón para a mellora da drenaxe.
Balseiro lembrou que a Administración autonómica leva desde o ano 2015 traballando na mellora desta vía, achegando un orzamento conxunto que supera os 3 millóns de euros. O departamento de Infraestruturas está a piques de rematar os traballos de ampliación da calzada e de extensión do novo aglomerado no treito entre Lindín e A Cruz da Cancela, un proxecto no que inviste 1.800.000 euros.
“Estas actuacións -afirmou o delegado- veñen a sumarse á mellora executada no ano 2015 no treito entre Mondoñedo e Lindín, cun investimento de 770.000 euros, de forma que o firme quedará renovado na práctica totalidade do percorrido”.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



