Viveiro 25-10-18. O vindeiro luns 29 de outubro, no territorio do GALP A Mariña Ortegal terá lugar unha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros que se atopan nos 14 concellos que comprende este organismo. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse na seguinte ligazón: http://bit.ly/famtripmarinaortegal
Neste Fam Trip visitaranse uns dos espazos máis importantes desta ruta buscando a identificación destes recursos por parte das empresas do territorio e as dos concellos limítrofes. Están convidadas a participar todas aquelas empresas relacionadas co proxecto Mar Galaica co obxectivo de que o seu persoal se converta nos principais prescriptores da Ruta dos Faros no territorio.
A actividade non só contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio, senón que tamén celebrará unha xornada de traballo específica na que se explicará con maior grao de detalle os contidos da Ruta dos Faros. A continuación levarase a cabo unha xornada de networking mediante unha novidosa técnica que facilitará ás empresas emprender novas alternativas de colaboración. A xornada de traballo, que se levará a cabo no Hotel Las Sirenas do Concello de Viveiro, rematará cun pincho de inspiración mariñeira.
As persoas participantes poderán facer uso do transporte público específico que fará paradas no concello de Narón ás 9:00 e no Hotel Las Sirenas de Viveiro ás 10:00. A volta a Narón será ás 17:50.
O evento contará cunha visita ao faro de Estaca de Bares e outra ao Barco Museo Reina del Carmen.























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



